Iocoama

cidade capital da prefectura de Kanagawa, Xapón

Iocoama[1], ou Yokohama[2], (横浜市, よこはまし, Yokohama-shi) é a capital da prefectura de Kanagawa, na rexión de Kantō, na illa de Honshū, no Xapón. Forma parte da Área do Gran Toquio. O concello ten 437.35 km² de superficie e conta cunha poboación de 3 631 773 habitantes (2008). En orixe unha vila mariñeira, a cidade desenvolveuse como un importante porto tras a fin do illamento do Xapón a finais do século XIX e a apertura do seu porto aos estranxeiros o 2 de xuño de 1859. Iocoama converteuse nunha importante base do comercio exterior co Xapón, os estranxeiros ocuparon un barrio da cidade, chamado "Kannai", onde estaban protexidos por un status de extraterritorialidade. Tras a restauración Meiji en 1868, a cidade cambiou rapidamente, construíronse liñas de ferrocarril para enlazar a cidade con Shinagawa e Shinbashi en Toquio.

Iocoama
横浜市
Localización
Iocoama en Xapón
Iocoama
Iocoama
País Xapón
RexiónKanto
PrefecturaKanagawa
Xeografía
Superficie437,38 km²
Demografía
Poboación3 697 894 hab. (2012)
Densidade8.500 hab/km²
Outros datos
Código postal231-0017
AlcaldeFumiko Hayashi
Páxina oficial de Iocoama
Iocoama.

División administrativa editar

O concello de Iocoama divídese en 18 distritos (ku):

Notas editar

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Entrada Yokohama na Diciopedia do século 21

Véxase tamén editar

Outros artigos editar