Cardiff

capital de Gales (Reino Unido)

Cardiff (en galés: Caerdydd) é a capital e cidade máis importante de Gales. Situada na canle de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos.

Modelo:Xeografía políticaCardiff
Cardiff (en-gb)
Caerdydd (cy) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«Deffro! Mae'n Ddydd!» Editar o valor en Wikidata
EpónimoTaff Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°28′54″N 3°10′45″O / 51.4817, -3.1792
EstadoReino Unido
PaísGales
Área principalCardiff (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación361.469 (2016) Editar o valor en Wikidata (2.576,4 hab./km²)
Lingua oficiallingua galesa
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie140,3 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porTaff, Canle de Bristol e River Ely (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude41 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1081 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
16 de novembro de 1326Siege of Cardiff (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalCF Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico029 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Bari
Vigevano (pt) Traducir
Pernik (pt) Traducir
Stuttgart (1955–)
Luhansk (1959–)
Nantes (1963–)
Xiamen - 厦门 (1983–)
Hordaland (pt) Traducir (1996–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webvisitcardiff.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5409774

Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.

Historia

editar

Época romana ata a Idade Media

editar
 
Vista do Castelo de Caerdiffe (Cardiff).

Cardiff fortificouse durante a ocupación das Illas Británicas pola Roma antiga. Cando o dominio en Britania rematou a principios do século V, o forte abandonouse.[1] Os restos da fortificación orixinal segue sendo visible no Castelo de Cardiff.

 
Mapa de Cardiff de John Speed en 1610.

En 1091 Robert Fitzhamon comezou a traballar no castelo para preservar as murallas da antiga fortaleza romana. O edificio modificaouse substancialmente e ampliouse durante a Época vitoriana por John Crichton-Stuart, 3º marqués de Bute e o arquitecto William Burges.

Á sombra do castelo creceu unha pequena cidade formada principalmente por colonos de Inglaterra.[2] Durante a Idade Media, a poboación de Cardiff oscilou entre os 1500 e 2000 habitantes,[3] o tamaño normal dunha cidade Galesa na época. Non obstante, a finais do século XIII, Cardiff era a única cidade de Gales cunha poboación de máis de 2000 habitantes, aínda que era relativamente pequena en comparación con outras cidades do Reino de Inglaterra.[4]

Durante a Idade Media, o porto da cidade adquiriu importancia e contra 1327 xa se convertera no elemento básico da cidade. A principios do século XII, construíuse unha palisada de madeira arredor do seu perímetro para protexela.

En 1404 Owain Glyndwr queimou Cardiff e tomou o castelo.[1] Dado que a cidade aínda era moi pequena, a maioría dos edificios, que eran de madeira, foron reducidos a cinzas. Pouco despois reconstruíuse e comezou a florecer unha vez máis.[3]

Cidade condado de Glamorganshire

editar

En 1536, a Union Act entre Inglaterra e Gales levou á creación da comarca de Glamorgan, e Cardiff formou unha cidade condado (County town capital dun condado). Neste momento, a familia Herbert converteuse na familia máis poderosa da rexión.[2] En 1538, Henrique VIII de Inglaterra pechou os conventos da Orde dos Predicadores e franciscanos, cuxos restos se empregaron como materiais de construción.[3]

A cidade converteuse en Municipio Libre en 1542, e en 1581, Isabel I concedeu o seu primeiro Real decreto.[2] A cidade obtivo un segundo decreto real en 1608.[5]

Durante a Segunda Guerra Civil Inglesa, librouse en St. Fagans, ao oeste da cidade, a batalla de St. Fagans, que terminou cunha vitoria decisiva dos parlamentaristas fronte aos realistas e permitiu a Oliver Cromwell conquistar o País de Gales.[1] Tamén foi a última gran batalla que tivo lugar neste territorio, con 200 soldados mortos (a maioría eran fieis á Coroa).[2]

Na década de 1790 estableceuse un servizo de dilixencias que comunicaba con Londres, construíuse un hipódromo e instalouse unha imprenta, bancos e cafeterías. A pesar destas melloras, a súa posición na xerarquía urbana galesa diminuíu durante o século XVIII. Iolo Morganwg chamouno "un lugar escuro e insignificante", e o censo de 1801 reflectía unha poboación de 1870 habitantes, convertendo a Cardiff na vixésimo quinta cidade de Gales, moi atrás de Merthyr e Swansea.[6]

Construción dos peiraos

editar
 
Peirao de Cardiff en 1907.

En 1793 naceu John Crichton-Stuart, 2º marqués de Bute, que pasou a vida construíndo os peiraos da cidade e foi chamado «o creador do moderno Cardiff».[2] En 1815 estableceuse un servizo por dúas veces por semana a Bristol.[7]

Durante a revolución industrial, a maioría do carbón exportado do mundo sae do porto de Cardiff e a riqueza que xera permite a remodelación do Castelo de Cardiff e de Castell Coch. A cidade creceu rapidamente desde a década de 1830 e converteuse no principal porto exportador de carbón dos vales de Cynon, Rhondda e Rhymney, medrando entre 1840 e 1870 a un ritmo de case o 80% por década. Gran parte do crecemento debeuse a Migración dentro e fóra de Gales, en 1851, a cuarta parte da poboación da cidade era inglesa por nacemento e máis do 10% nacera en Irlanda. No censo de 1881, superou tanto a Merthyr como a Swansea e converteuse na maior cidade galesa. En 1893, construíuse a Universidade de Gales.[6]

Na década de 1880 a cidade enfrontouse a un gran reto cando David Davies Llandinam e a Empresa de Ferrocarrís Barry promoveron o desenvolvemento de peiraos de Barry, os rivais do peirao de Cardiff. Estes peiraos tiñan a vantaxe de ser accesibles independentemente do estado da marea. Por iso, as exportacións de carbón de Barry superaron a de Cardiff desde 1901, pero a administración do comercio de carbón seguiu centrada nesta cidade, en particular a súa "Bolsa de carbón". A cidade tamén reforzou a súa base industrial coa decisión de Guest, Keen e Nettlefolds (os propietarios da fundición de Dowlais Merthyr) de construír unha nova siderurxia preto dos peiraos en `East Moors 'en 1890.

Estatuto de cidade

editar

O 28 de outubro de 1905, Cardiff obtivo o status de cidade de Eduardo VII, construíuse unha catedral católica en 1916. Nos anos seguintes situáronse na cidade un número crecente de institucións nacionais, como o Museo Nacional de Gales.

Despois dun breve boom despois da primeira guerra mundial, os peiraos de Cardiff entraron nun declive prolongado no período de entreguerras. En 1936 o seu comercio era menos da metade do seu valor en 1913, o que reflectía a caída da demanda de carbón de Gales.[6] Os bombardeos que sufriu durante a segunda guerra mundial incluíu a devastación da Catedral de Llandaff e nos anos da posguerra, o vínculo da cidade coa familia Bute chegou ao seu fin.

En resposta a unha solicitude do Ministro do Interior Gwilym Lloyd George, o 20 de decembro de 1955 converteuse na capital de Gales. Caernarfon tamén aspiraba ao título.[8] En 1958 a cidade albergou os Commonwealth Games e converteuse nun centro de administración nacional co establecemento da Oficina de Gales en 1964 que máis tarde levou a a creación doutros organismos públicos como o Welsh Arts Council e o Welsh Development Agency, a maioría dos cales se localizaron nesta cidade.

Despois do peche das industrias siderúrxicas "East Moors" en 1978, a cidade perdeu poboación durante os anos 80.[9] Non obstante, recuperouse e foi unha das poucas cidades (ademais de Londres), onde a poboación creceu durante a década seguinte.[10] Durante este período, a "Cardiff Bay Development Corporation" promoveu a conversión industrial ao sur da cidade. Unha avaliación da rexeneración de Baía de Cardiff, publicada en 2004, concluíu que o proxecto "reforzou a posición competitiva de Cardiff [e] contribuíu a unha enorme mellora da calidade do ambiente construído" .

Edificios e lugares de interese

editar

Irmandades

editar

Cardiff está irmandada coas seguintes cidades:

Anteriormente estivo irmandada con Baltimore nos Estados Unidos de América pero este acordo expirou hai tempo.

  1. 1,0 1,1 1,2 "A Cardiff & Vale of Glamorgan Chronology up to 1699". Bob Sanders. Consultado o 29 de febreiro de 2008. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cardiff Timeline". Cardiffians. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 29 de febreiro de 2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "A SHORT HISTORY OF CARDIFF". Tim Lambert. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2012. Consultado o 29 de febreiro de 2008. 
  4. Campbell, Bruce M S (25 de agosto de 2006). "Benchmarking medieval economic development: England, Wales, Scotland, and Ireland, circa 1290" (PDF). Consultado o 20 de maio de 2008. 
  5. "A History Lovers Guide to Cardiff". GoogoBits.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2008. Consultado o 31 de decembro de 2007. 
  6. 6,0 6,1 6,2 The Welsh Academy Encyclopedia of Wales. Cardiff: University of Wales Press 2008.
  7. "A Cardiff Vale of Glamorgan Chronology 1700 - 1849". Bob Sanders. Consultado o 4 de marzo de 2008. 
  8. "Cardiff as Capital of Wales: Formal Recognition by Government". The Times. 21 de decembre de 1955. 
  9. "Cardiff Wales Through Time - Population Statistics". Consultado o 20 de maio de 2008. 
  10. "The Growth and Decline of Cities and Regions" (PDF). 1 de xullo de 2004. Consultado o 20 de maio de 2008. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar