28 de outubro
data
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 28 de outubro é o 301º día do ano do calendario gregoriano (302º nos anos bisestos). Quedan 64 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 312 - Batalla da Ponte Milvio: Constantino I o Grande derrota a Maxencio na pugna polo poder no Imperio romano.
- 1092: na Taifa de Valencia (na actual España), Al-Qádir morre asasinado por unha revolta encabezada polo cadí Ibn Yahhaf.
- 1340 - O rei Afonso XI de Castela vence os musulmáns na batalla do Salado, no Suroeste da Península Ibérica.
- 1538 - Illa da Española: mediante Bula de Paulo III (In Apostulatus Culmine) fúndase en Santo Domingo de Guzmán (hoxe capital da República Dominicana) a Universidade de Santo Tomé de Aquino (hoxe Universidade Autónoma de Santo Domingo), a primeira universidade en América.
- 1746 - Vicerreinado do Perú: Lima afectada por un terremoto.
- 1848 - España: inauguración do primeiro ferrocarril que funcionou en España: a liña Barcelona-Mataró.
- 1886 - Estados Unidos: o presidente Grover Cleveland inaugura a Estatua da Liberdade, regalada por Francia.
- 1918 - Checoslovaquia: un Comité Nacional proclama a independencia do Imperio austro-húngaro.
Nacementos
editar- 1467 - Erasmo de Rotterdam, escritor holandés.
- 1697 - Canaletto, artista italiano.
- 1728 - James Cook, navegante e descubridor británico.
- 1784 - José Tadeo Monagas, militar e político venezolano, presidente de Venezuela en tres ocasións.
- 1846 - Georges Auguste Escoffier, foi un chef francés, restaurateur e escritor que popularizou e renovou os métodos tradicionais da culinaria francesa.(m.1935)
- 1860 - Jigoro Kano, xaponés, fundador do Kodokan Judo.
- 1866 - Ramón María del Valle-Inclán, escritor galego en lingua castelá (m. 1936).
- 1901 - Ánxel Xohán, artista plástico galego (m. 1965).
- 1903 - Evelyn Waugh, escritor británico (m. 1966).
- 1904 - María Araujo Martínez, sindicalista, guerrilleira e política galega (m. 1989).
- 1906 - Xosé Filgueira Valverde, intelectual galego (m. 1996).
- 1984 - Oriana Méndez, poeta galega.
Mortes
editar- 1412 - Margarida I de Dinamarca, raíña (n. 1353).
- 1703 - John Wallis, matemático inglés.
- 1704 - John Locke, filósofo inglés.
- 1911 - Alfred Binet, psicólogo e pedagogo francés.
- 1939 - Zane Grey, escritor estadounidense.
- 1956 - Zenobia Camprubí, escritora e lingüista española.
- 1959 - Camilo Cienfuegos, revolucionario cubano.
- 1970 - Gamal Abdel Nasser, presidente de Exipto.
- 1998 - Ted Hughes, poeta británico.
- 1999 - Rafael Alberti, poeta español (n. 1902).
- 2017 - Xosé Manuel Carballo Ferreiro, sacerdote, escritor, ilusionista e animador sociocultural galego (n. 1944).
Santoral
editar- Santo Alfredo
- San Xudas Tadeu
Festas e celebracións
editar- Día do Non, en Grecia