Abrir o menú principal

Xosé Manuel Carballo Ferreiro

sacerdote, escritor e animador sociocultural galego

Xosé Manuel Carballo Ferreiro, nado en Goberno (Castro de Rei) en 1944 e finado o 28 de outubro de 2017[1], foi un sacerdote, escritor, ilusionista e animador sociocultural galego.

Xosé Manuel Carballo Ferreiro
Nacemento1944
 Castro de Rei
Falecemento28 de outubro de 2017
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote e escritor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou no seminario de Mondoñedo e foi ordenado sacerdote en Vilanova de Lourenzá en 1966. Posteriormente pasou como formador ao Seminario de Mondoñedo. En setembro de 1973 foi nomeado párroco de Castro de Rei, A Azúmara e Ramil, parroquias ás que se engadiron Goberno, Balmonte e Santa Locaia. Impulsou a restauración das igrexas destas parroquias, e a realización de obras comunitarias como reelectrificacións e concentracións parcelarias. Impartiu clases de relixión cando se abriu o colexio público “Ramón Falcón” de Castro de Rei e colaborou nas distintas actividades culturais e recreativas extraescolares. Dende 1985 formou parte do Equipo de Delegados de Catequese de Galicia e da Diocese de Mondoñedo, colaborando co uso normal do galego nas catequeses.

Foi concelleiro independente en Castro de Rei na primeira lexislatura democrática e un dos fundadores do desaparecido SILGA (Sindicato Independente Labrego Galego).

Colaborou no xornal El Progreso e na revista Irimia. Na radio colaboraba semanalmente con Cope de Lugo, Radio Nacional de España en Coruña, Radio Galega, Radio Principal de Vilalba e Monforte e Cope de Vilalba. En televisión tivo un programa semanal durante tres anos nos comezos da Televisión de Lugo. Presidiu unha comisión de impulso e normalización do uso do galego nas áreas de relixión, servizos sociais e inmigrantes creada pola Xunta de Galicia. Dirixiu varios grupos de teatro. Ten realizado múltiples actuacións de maxia ou ilusionismo, e foi animador e mestre de magos e "padriño" do Colectivo Máxico Waldemar de Lugo.

ObrasEditar

No campo relixioso, foi guionista e director dos vídeos: Seguir a Xesús (1994) e Este é o meu Fillo.

TeatroEditar

  • Versión en galego de O menciñeiro á forza, 1971.
  • Bo Nadal.
  • Recobrou o sorriso o Eleuterio
  • Auto de Nadal.
  • Dous vellos e unha soa soidade (en colaboración con Marica Campo).
  • Vaise pechar outra casa máis (en colaboración con Xulio Pita).
  • Unha noite de Ruada (con Samarita Canto).

NarrativaEditar

  • Parábolas Chairegas, 1981.
  • Don Otto de viaxe pola chaira, 1994.
  • Celestino Racamonde.
  • Contrato nulo, 2002.

PremiosEditar

  • Lucense do Ano en 1992, pola Asociación da Prensa.
  • Fillo predilecto do concello de Castro de Rei, 2004.

NotasEditar

  1. "Fallece Xosé Manuel Carballo, párroco, mago e impulsor cultural", artigo en El Progreso, 29 de outubro de 2017 (en castelán).

Véxase taménEditar