Seminario de Mondoñedo
centro de estudos católico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Real Seminario Conciliar de Santa Catarina, coñecido tamén como Seminario de Mondoñedo, é un centro de estudos da Igrexa Católica situado en Mondoñedo e adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol, destacado como lugar dinamizador da cultura e o galeguismo (por exemplo, fundamental na fundación do neovirxilianismo poético) dende os séculos XIX e XX. Entre os sacerdotes saídos deste seminario estiveron:
- Daniel Pernas Nieto, escritor (1884-1946).
- Francisco Fanego Losada, profesor e escritor (1887-1974).
- Xosé Crecente Vega, escritor (1896-1948).
- Xosé Chao Rego, escritor e teólogo (n. 1932), profesor no Seminario.
- Dino Pacio Lindín, sociólogo e profesor (n. 1934)[1]
- José María Rodríguez Díaz, activista (1935-2017), despois secularizado.
- Xosé Manuel Carballo Ferreiro, escritor e animador (n. 1944).
- Segundo Leonardo Pérez López, historiador e arquiveiro (n. 1948).
Seminario de Mondoñedo | |
---|---|
Seminario de Mondoñedo. | |
Tipo | seminario |
En | Mondoñedo |
País | Galicia |
43°25′41″N 7°21′41″O / 43.428069, -7.361367 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Con todo, entre os seus egresados tamén figuran segrares:
- Luis de Trelles (1819-1891).
- Manuel María García Castro, poeta da revista El Agricultor (1873-1949).
- Nicomedes Pastor Díaz, escritor e político (1811-1863).
- Vicente Álvarez Miranda, poeta e militar (1815-1858).
- Justo Rodríguez Alba, enxeñeiro e escritor (1833-1899).
- Patricio Delgado Luaces, escritor (1850-1900).
- Manuel Leiras Pulpeiro, escritor (1854-1912).
- Antonio Noriega Varela, escritor (1869-1947).
- Lois Peña Novo, político (1893-1967).
- Xosé Trapero Pardo, escritor e xornalista (1900-1995).
- Aquilino Iglesia Alvariño, escritor (1909-1961).
- Xosé María Díaz Castro, escritor (1914-1990).
- José Martinho Montero Santalha, teólogo e lingüista (n. 1947).
- Roberto Vilar, actor (1971- ).
- Daniel Vega Pérez, político (1983- )
O arquiveiro e cronista oficial de Mondoñedo Eduardo Lence-Santar (1879-1960) centrouse no seminario para a súa obra de 1909 El Seminario de Mondoñedo. O seminario de Mondoñedo tamén aparece na trama do libro Ilustrísima, de Carlos Casares.
Notas
- ↑ Cora, José de (13 de xaneiro de 2022). "Dino Pacio Lindín". El Progreso (xornal) (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022.