Oriana Méndez
Oriana Méndez Fuentes, nada en Vigo o 28 de outubro de 1984, é unha filóloga, poeta e política galega. É a secretaria xeral da Frente Popular Galega dende setembro de 2021.[1]
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Oriana Méndez Fuentes 28 de outubro de 1984 (39 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía galega |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesora de ensino secundario , escritora |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua galega |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Pais | Xosé Luís Méndez Ferrín e Moncha Fuentes |
Irmáns | Cristal Méndez Queizán |
Premios
| |
Páxina web | orianamendez.com |
Traxectoria
editarFilla dos escritores Xosé Luís Méndez Ferrín e Moncha Fuentes.[2] Licenciada en Filoloxía Galega pola USC e cun mestrado en Estudos Teóricos e Comparados, o seu labor poético comezou no ano 2000 na revista cultural A Caramuxa, de Noia. A esa intervención seguiranlle colaboracións en publicacións colectivas de grupos coma Burla Negra, e na revista Mealibra, así como en numerosos recitais poéticos e proxectos de acción poética, coma "A revolta das letras" que tivo lugar en Santiago de Compostela co motivo do Día das Letras Galegas do ano 2009 e desenvolveu eventuais labores de crítica para a revista ProTexta.[3] En 2018 colaborou na revista Ligeia.[4]
Participou, ademais, en diversas mesas redondas e encontros sobre poesía, coma no III Encontro de novos escritores, ou na mesa de poesía do ciclo Escritores na Universidade, organizados ambos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
No ano 2003 colaborou na elaboración do libro Xuro que nunca volverei pasar fame publicado por Redes Escarlata, organización da que tamén foi membro.
No 2019, presentouse como número 2 da Marea de Vigo ás Eleccións municipais de 2019 e saíu elixida concelleira.
En 2024 aprobou as oposicións a docente do ensino secundario, na especialidade de Lingua Galega e Literatura.
Obras
editarPoesía
editar- Derradeiras conversas co Capitán Kraft (2007). Galaxia. 66 páxs. ISBN 978-84-7154-062-1.[5]
- Cero (2011). Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9865-348-9.[6]
- O que precede a caída é branco (2015). Espiral Maior. ISBN 978-8492646937.[7]
- Interna (2020). PEN Galicia, Xunta de Galicia e Afundación. 66 páxs. ISBN 978-84-09-24151-4.
- O corazón pronúnciase extenso (2021). Espiral Maior. ISBN 978-8412227192.
- Chairas sucesións (2023). Santiago: Chan da pólvora. ISBN 9788412686364.
Obras colectivas
editar- Xuro que non volverei pasar fame (2003). Difusora.
- Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- En defensa do Poleiro (2010). Toxosoutos.
- Novas de poesía. 17 poetas (2013). Fundación Uxío Novoneyra.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015). Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[8][9][10]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Tradución
editar- O amante de Marguerite Duras (Kalandraka, 2020)[11]
- As iluminacións, de Arthur Rimbaud (Kalandraka, col. Tambo, 2023; traducida en tándem con Tamara Andrés)[12]
Premios
editar- Premio de poesía Concello de Carral 2014 co poemario O que precede a caída é branco.
- Premio Rosalía de Castro de Poesía convocado polo concello de Padrón coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro 2019 por O corazón pronúnciase extenso.
- Premio de poesía Afundación 2020 con Interna.[13]
- Premio Plácido Castro de Tradución de 2024 (Con Tamara Andrés) pol'As iluminacións, de Arthur Rimbaud, editado en 2023.[12][14]
Notas
editar- ↑ "Oriana Méndez, nova secretaria xeral da FPG: "A nosa aposta pola fronte popular era e é honesta"". Nós Diario. 7 de setembro de 2021.
- ↑ Blanco, C. (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1993, 11-45.
- ↑ "Oriana Méndez". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-11.
- ↑ "Oriana Méndez". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
- ↑ "Catálogo de libros: Ficha dun libro". web.archive.org. 2008-04-23. Archived from the original on 23 de abril de 2008. Consultado o 2019-04-11.
- ↑ "Oriana Méndez presenta CERO". Editorial Galaxia. 2011-09-29. Consultado o 2019-04-11.
- ↑ Nicolás, Ramón (2015-09-02). "O que precede á caída é branco, de Oriana Méndez". Caderno da crítica. Consultado o 2019-04-11.
- ↑ "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ Ficha Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. da obra na páxina web da editorial.
- ↑ 12,0 12,1 Cocaño, Raquel; C., B. (3 de setembro de 2024). "Tamara Andrés e Oriana Méndez gañan o premio Plácido Castro cunha tradución ao galego dun poeta francés". lavozdegalicia.es. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ Redacción/E.P. (2020-09-18). "Oriana Méndez gaña o premio Afundación". nosdiario.gal. Consultado o 2024-09-09.
- ↑ "Listado de contidos apra a etiqueta "Premio" Fundación Plácido Castro". www.fundacionplacidocastro.com. Consultado o 2024-09-02.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oriana Méndez |
Ligazóns externas
editar- "Oriana Méndez". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019.
- Carlos Lorenzo Pérez (9 de marzo de 2018). "Vértice de versos. Entrevista a Oriana Méndez". Vimeo.
- Montse Dopico (17 de abril de 2020). "Escribo sobre a subalternidade porque é o único que me interesa no mundo". Praza Pública.
- Recitando un poema de "chairas sucesións" na Libraría Paz de Pontevedra, 18/01/2024