9 de outubro
data
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2021 Todos os días |
O 9 de outubro é o 282º día do ano do calendario gregoriano (283º nos anos bisestos). Quedan 83 días para finalizar o ano.
AcontecementosEditar
- 43 a.C.: Fundación de Lugdunum, na actualidade, Lión.
- 768: Trala morte de Pipino o Breve, os seus dous fillos, Carlos (Carlomagno) e Carlomán son proclamados reis en Noyon e Soissons.
- 952: Os condes Hermenexildo Aloitez e Paterna Gundesindez fundan o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
- 1238: Xaime I o Conquistador entra en Valencia, que capitulara o 28 de setembro deste ano ante o asedio dos cristiáns.
- 1264: o Reino de Castela ―no período coñecido como a Reconquista― reconquista a entón cidade musulmá de Sherish e a rebautiza Xerez (posteriormente coñecida como Xerez da Fronteira).
- 1325: Afonso IV de Portugal sobe ó trono trala morte de seu pai Dinís.
- 1547: Miguel de Cervantes é bautizado en Alcalá de Henares. Algúns investigadores apuntan como data do seu nacemento o 29 de setembro.
- 1705: A rendición de Barcelona durante a Guerra de sucesión propicia que o arquiduque Carlos VI de Austria se proclame rei de España.
- 1776: Dous franciscanos establecen unha misión para indios, primeira colonización no actual emprazamento de San Francisco de California.
- 1874: Convenio Internacional de Berna, coñecido pola Unión Postal Universal.
- 1890: Clément Ader, inventor francés e pionero da aviación, realiza co seu aparato voador en forma de morcego Eole un primeiro voo planeado de curta duración.
- 1912: Exposición en París da sección áurea cubista: Picabia, Léger, Gleizes etc.
- 1913: Comenza a guerra entre Turquía e os Estados Balcánicos (Bulgaria, Grecia, Montenegro e Serbia).
- 1919: Implántase en España a xornada laboral de oito horas.
- 1957: Dwight D. Eisenhower promulga unha nova lei sobre os dereitos civís da poboación negra estadounidense.
- 1961: Declarado fóra da lei o Partido Comunista nos EUA.
- 1962: Uganda alcanza a independencia. Xa decidida na Conferencia de Londres do 1961.
- 1963: O Concilio Vaticano Segundo aproba o uso parcial das linguas vernáculas na misa.
- 1967: Ernesto "Che" Guevara é executado por militares bolivianos tras un "proceso sumario". O mítico revolucionario foi ferido e feito prisioneiro o día antes en combate, cerca de Vallegrande. Outros autores din que xa foi asasinado no día anterior.
- 1970: Proclamación da república de Camboxa despois de 11 séculos de monarquía.
- 1976: Asínase o documento de constitución da coalición política denominada Alianza Popular.
- 1980: O escritor polaco residente en EUA, Czeslav Milosz, logra o Premio Nobel de Literatura.
- 1984: Sae á rúa o primeiro número do xornal Liberación, editado por unha cooperativa de intelectuais de esquerda.
- 1984: Asínase en España o Acordo Económico e Social polo presidente Felipe González, os presidentes das patronais CEOE e CEPYME e o Secretario Xeral da UXT. Comisións Obreiras non o subscribiu.
- 1991: O foguete "Atlas" pon na órbita, dende Cabo Cañaveral, o satélite de "Eutelsat" que retransmitirá os Xogos Olímpicos de Barcelona 92.
- 1992: O telescopio espacial "Hubble" encontra pistas da materia escura do universo, da que segundo os físicos depende o seu destino.
- 1998: Créase nos EUA un embrión humano con xenes dunha muller estéril.
- 2000: Os estadounidenses Paul Greengard e Arvid Carlsson e o sueco Eric Kandel son galardoados co Premio Nobel de Medicina polas súas investigacións sobre a comunicación das neuronas.
- 2002: A Unión Europea aproba o ingreso de dez novos países para 2004.
NacementosEditar
- 1261 - Dinis o Liberal, rei de Portugal e poeta (1279-1325).
- 1735 - Karl Wilheim de Brunswich, militar alemán.
- 1757 - Carlos X, rei de Francia (1824-1830).
- 1800 - José María Dionisio Melo Ortiz, xeneral e político colombiano, ditador da República no 1854.
- 1812 - Francisco Añón Paz, xornalista e escritor galego (m. 1878).
- 1835 - Camille Saint-Saëns, compositor francés.
- 1852 - Emil Hermann Fischer, químico alemán.
- 1859 - Alfred Dreyfus, capitán do exército francés.
- 1873 - Karl Schwarzschild, astrónomo, matemático e físico alemán.
- 1879 - Max von Laue, físico alemán.
- 1888 - Nikolái Ivánovich Bujarin, político ruso.
- 1888 - Irving Cummings, cineasta estadounidense.
- 1892 - Ivo Andrić, escritor iugoslavo.
- 1893 - Mario Andrade, escritor e musicólogo brasileiro.
- 1901 - Tomás Garcés Miravet, poeta español.
- 1906 - Léopold Sédar Senghor, poeta e ex presidente senegalés.
- 1906 - Wolfgang Staudte, cineasta alemán.
- 1908 - Jacques Tati, cineasta francés.
- 1922 - Olga Guillot, cantante cubana.
- 1931 - Anton Linage Conde, avogado e historiador español.
- 1935 - Eduardo de Kent, duque e militar británico.
- 1940 - John Lennon, compositor e cantante británico, un dos compoñentes de “The Beatles”.
- 1941 - Chucho Valdés, músico cubano.
- 1944 - Peter Tosh, músico xamaicano.
- 1945 - Francisco Bejarano, escritor e poeta español.
- 1948 - Jackson Browne, músico estadounidense.
- 1951 - Fina Torres, cineasta venezolana.
- 1955 - Steve Ovett, atleta británico.
- 1969 - PJ Harvey, cantante británica.
- 1973 - Fabio Lione, músico italiano.
MortesEditar
- 1390 - Xoán I, rei de Castela e León.
- 1469 - Filippo Lippi, freire e pintor italiano.
- 1841 - Karl Friedrich Schinkel, arquitecto alemán.
- 1841 - Juan Galo Lavalle, militar e independentista arxentino.
- 1918 - Duchamp-Villon, escultor francés.
- 1928 - Ignacio Iglesias, dramaturgo español.
- 1932 - Xosé Lassalle, músico español.
- 1934 - Alexandre I Karageorgevic, rei de Iugoslavia.
- 1936 - Alejandro Korn, filósofo e médico arxentino.
- 1936 - Xesús Froiz, escritor, xornalista e político galego (n. 1903).
- 1936 - Manuel Guillán Abalo, mestre e político galego (n. 1902).
- 1943 - Pieter Zeeman, físico holandés.
- 1950 - Willis Haviland Carrier, enxeñeiro estadounidense.
- 1958 - Pío XII, papa italiano de nome Eugenio Maria Giuseppe Giovanni Pacelli.
- 1967 - Ernesto Che Guevara, revolucionario e líder político.
- 1967 - André Maurois, biógrafo e crítico francés.
- 1978 - Jacques Brel, cantante e poeta belga.
- 1982 - Anna Freud, psicanalista austríaca
- 1995 - Sir Alec Douglas Home, político e aristócrata británico.
- 1999 - Morris West, escritor australiano.
- 1999 - Joao Cabral de Mello, poeta brasileiro.
- 2001 - Herbert Ross, coreógrafo e director de cine estadounidense.
Festas e celebraciónsEditar
OutrosEditar
- Santoral: San Denis. Nosa Seroña da Cinta. Dionisio Aeropaxita, Xoán Leonardi (Presbíteros); Rústico, Sara, Inmaculada, Inocencio, Eutero e Domnino (Mártires); Arnoaldo, Gisleno e Lamberto (bispos); Diosdado, Luís, Bertrán, Pedro, Gálata, Andrónico, Atanasia e Publia (abades); Abrahán e Lot (Patronos).