Ivo Andrić, nado en Dolac o 9 de outubro de 1892 e finado en Belgrado o 13 de marzo de 1975, foi un escritor iugoslavo en serbocroata. Gañou o Premio Nobel de Literatura en 1961.

Ivo Andrić
Nacemento9 de outubro de 1892 e 10 de outubro de 1892
Lugar de nacementoDolac
Falecemento13 de marzo de 1975
Lugar de falecementoBelgrado
SoterradoNovo Cemitério de Belgrado
NacionalidadeRepública Federal Socialista de Iugoslavia, Imperio Austrohúngaro, Reino dos Sérvios, Croatas e Eslovenos, Reino de Iugoslavia e Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios
Alma máterUniversidade de Graz, Faculty of Humanities and Social Sciences, University of Zagreb, Universidade de Viena e Faculty of Philosophy of the Jagiellonian University
Ocupaciónescritor, novelista, diplomático, poeta e ensaísta
CónxuxeMilica Babić-Jovanović
XénerosNovela, relato curto
Coñecido porNa Drini ćuprija, Omerpaša Latas, Ex Ponto, Bosnian Chronicle, O Pátio Maldito, O priči i pričanju, Jelena, the Woman Who Is Not e Most na Žepi
PremiosPremio Nobel de Literatura, Order of the Hero of Socialist Labour e Ordem de Mérito da Águia Alemã
Na rede
IMDB: nm0028964 Bitraga: 2007 Discogs: 2057734 Find a Grave: 7055057 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ivan Andrić naceu preto de Travnik (Bosnia e Hercegovina, entón parte de Austria-Hungría) nunha familia católica de bosníacos croatas de Saraxevo. Comezou a súa educación no instituto desa cidade, continuando os seus estudos en Zagreb, Viena e Cracovia. Debido ás súas actividades políticas as autoridades austríacas detivérono durante a primeira guerra mundial.

Cando se formou o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos ( despois denominado Reino de Iugoslavia), Andrić ocupou diversos postos diplomáticos, incluído o de embaixador en Alemaña (1939-1941), onde tentou impedir o encarceramento de moitos intelectuais polacos, atopando obstáculos do seu propio goberno, polo que presenta a súa dimisión, retirouse a vivir en Belgrado.

Andrić publicou o seu primeiro poema en 1911. O material da súa literatura tómao da historia, folclore e cultura da súa Bosnia natal. Andrić escribiu as súas primeiras obras en lingua croata (30 % da súa obra), pasando despois a escribir en lingua serbia (70 % da súa obra), mentres apoiaba a noción dunha lingua serbocroata, como a maioría dos serbios e croatas contemporáneos.

Obras editar

  • Put Alije Đerzeleza (A viaxe de Alija Đerzelez), 1920.
  • Na Drini ćuprija (A ponte sobre o Drina), 1945. Traducido ao galego por Jairo Dorado Cadilla.
  • Gospođica (Señorita), 1945.
  • Travnička hronika (A crónica de Travnik), 1945.
  • Priča o vezirovom slonu (O elefante de Vizier), 1948.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar