Imperio Austrohúngaro

antigo Estado de Europa Central (1867-1918)
(Redirección desde «Austria-Hungría»)

O Imperio Austrohúngaro[1][2], Austro-húngaro[3] ou Austria-Hungría[4] (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

Osztrák-Magyar Monarchia
Österreichisch-Ungarische Monarchie
Imperio Austrohúngaro

1867–1918
Bandeira
Escudo
Bandeira Escudo
Himno: Gott erhalte Franz den Kaiser
Localización de Austría-Hungría
Capital Viena (principal) e
Budapest
Lingua Alemán, húngaro (outras 12)
Goberno Monarquía constitucional
Emperador
 • 1867–1916 Francisco Xosé I
 • 1916–1918 Carlos I
Historia
 • Compromiso de 1897 30 de marzo de 1867
 • Ind. Checoslovaca 28 de outubro de 1918
 • Ind. eslavos do sur 29 de outubro de 1918
 • Disolución 31 de outubro de 1918
Superficie
 • 1914 676.615 km²
Poboación
 • 1914 est. 52.800.000 
     Densidade 78/km²
Moeda Florín
Coroa
Precedido por
Sucedido por
Imperio Austríaco
Austria alemá
R.D. de Hungría
Checoslovaquia
ZUNR
República de Polonia
Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios
Reino de Italia (1861-1946)
Imperio Austro-Húngaro
Nomes longos oficiais
(e tradución ao galego)
gl: Os reinos e terras representadas no Consello Imperial e as terras da Coroa Húngara de Santo Estevo
de: Die im Reichsrat vertretenen Königreiche und Länder und die Länder der heiligen ungarischen Stephanskrone
hu: A birodalmi tanácsban képviselt királyságok és országok és a magyar Szent Korona országai

O que fora o Imperio Austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

Historia Editar

 
Escudo do Imperio en 1867

O Imperio Austrohúngaro ten a súa orixe en 1867 co Compromiso austrohúngaro. En 1879 tivo lugar a alianza de Austria-Hungría co Imperio Alemán, e en 1882 Italia uniuse á Tripla Alianza.

En 1892 entrou en circulación a coroa de ouro. En 1907 entra en vigor o sufraxio masculino para todo home maior de 24 anos, e nese ano tiveron lugar as primeiras eleccións en Austria e renovouse o compromiso entre Austria e Hungría. En 1908 levouse a cabo a anexión de Bosnia e Hercegovina. En 1912 Serbia e Bulgaria formaron unha alianza contra o Imperio Austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa Sofía Chotek foron asasinados en Saraxevo por un terrorista serbobosníaco. A declaración de guerra de Austria-Hungría a Serbia provoca declaracións de guerra en cadea, dando inicio á primeira guerra mundial. En 1915 o Imperio Austrohúngaro declarouse disposto a ceder a rexión de Trieste. Asínase o Tratado de Londres, segredo entre o Reino Unido, Francia, Rusia e Italia: Italia cambia de bando obtendo Trieste como incentivo.

O 21 de novembro de 1916, en plena guerra, finou o emperador Francisco Xosé I, após 68 anos de reinado. O novo emperador, Carlos I, procurou en 1917 conseguir a paz por separado con Francia, sen resultado.

En 1918 Carlos enviou a Guillerme II de Alemaña un telegrama anunciándolle o fin da alianza. O 28 de outubro dese ano proclamouse a república de Checoslovaquia, e o 31 dese mes tivo lugar a secesión de Hungría. O 3 de novembro levouse a cabo o armisticio entre o Imperio Austrohúngaro e os aliados. O 7 de novembro proclamouse a república de Polonia (que se adxudicou a rexión austríaca de Galitzia), e o 16 de novembro proclamouse a república de Hungría. O 1 de decembro as rexións do sur do Imperio uníronse a Serbia e Montenegro, formando o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. O 24 de decembro tivo lugar a unificación de Transilvania e Romanía.

O Imperio Austrohúngaro desapareceu por completo en 1919 tralos tratados de Saint-Germain e Trianon.

Notas Editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Austrohúngaro.
  2. Gran Dicionario Xerais da Lingua (Xerais, 2009) e Superdicionario Castelán-Galego (Morgante, 2011).
  3. Dicionario Normativo Galego-Castelán, Editorial Galaxia (1998)
  4. Entrada para austrohúngaro Arquivado 15 de setembro de 2018 en Wayback Machine. en DiGalego.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar