Winston Hubert McIntosh, nado en Westmoreland, Xamaica o 19 de outubro de 1944 e finado o 11 de setembro de 1987 en Kingston[1], máis coñecido polo seu nome artístico Peter Tosh, foi un músico xamaicano de reggae que formou parte nos seus principios do grupo The Wailers para logo ter unha exitosa carreira como solista, ademais de ser un dos pioneiros do movemento rastafari.

Peter Tosh
Nome completoWinston Hubert McIntosh
Data nacemento19 de outubro de 1944
Nado enWestmoreland, Xamaica
Falecemento11 de setembro de 1987 (42 anos)
Kingston, Xamaica
 Kingston
SoterradoBluefields, Jamaica
Ocupaciónmúsico
Xéneroreggae
Instrumento(s)guitarra, voz
Relacionado conThe Wailers
PseudónimoPeter Tosh e Peter M.Tosh
Na rede
https://petertosh.com/
IMDB: nm0869167 Allocine: 5177 Allmovie: p71459
Facebook: PeterTosh Twitter: petertosh Instagram: petertosh Spotify: 0oea1hwGMfUxZbLxJc1XUN iTunes: 461717 Last fm: Peter+Tosh Musicbrainz: 7db6aae5-6644-4513-9bfc-ca2e79d4469c Songkick: 128787 Discogs: 88495 Allmusic: mn0000328014 Find a Grave: 7546 Deezer: 2326 Genius: Peter-tosh Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Peter Tosh naceu en Westmoreland, Xamaica cuns pais demasiado novos como para facerse cargo del. Non coñeceu ó seu pai (James McIntosh) até os dez anos.

Foi criado pola súa tía desde os tres até os quince anos. Pero esta non tivo influencia na súa vida, como asegurou el mesmo a Roger Steffens nunha entrevista: "Eu tiña tres anos fisicamente, pero cincuenta anos de mentalidade". Músico, cantante, compositor, rebelde e ávido promotor da legalización da marihuana, Tosh marcou a escena musical xamaicana, tanto coma membro fundador dos Wailers, banda que acompañaba a Bob Marley, coma coa súa carreira solista. O seu talento non se limitaba ás súas habilidades vocais xa que tamén foi un excelente guitarrista.

Alcumado Stepping Razor, iniciou a súa carreira como músico durante a década dos 60 tocando coa súa banda ou para outros artistas pop do momento como Johnny Nash. Despois dunha ilustre carreira con The Wailers e como músico solista, foi asasinado na súa casa durante un roubo[1].

Notas Editar