Reggae

estilo de música

O reggae é un estilo de música orixinario da Xamaica. O cantante e compositor Bob Marley é icona deste estilo musical. En sentido mais amplo, reggae pode referirse a outros ritmos como ska, rocksteady, dub, dancehall e ragga.

Reggae
Orixe musicalmento, calypso, R&B, jazz, ska, rocksteady
Orixe culturalfinais dos 60 en Xamaica, especialmente en Kingston
Instrumentos típicosbaixo, batería, guitarra, órgano, instrumentos de vento-metal, melúdica
Derivadosdancehall, dub, hip hop, ragga, drum and bass
Subxéneros
roots reggae - lovers rock
Xéneros de fusión
reggae fusion - seggae - 2 Tone - samba reggae
Bob Marley, máximo expoñente da música reggae.

Etimoloxía

editar

A edición de 1967 do Dictionary of Jamaican English incluía "reggae" como "unha expresión recentemente establecida para rege", equivalente a rege-rege, unha palabra que podía significar tanto "trapos, roupa farrapenta" como "unha pelexa ou liorta".[1] O vocábulo reggae cun sentido musical apareceu tanto en Desmond Dekker como no 'hit' rocksteady de 1968 "Do the Reggay" de The Maytals, pero xa se empregaba en Kingston, Xamaica, para denominar unha forma máis lenta de bailar e tocar rocksteady.[2]

O artista reggae Derrick Morgan expresou nese sentido:

Non nos gustaba o nome rocksteady, así que probei diferentes versións de "Fat Man". Cambiou o ritmo, o órgano utilizouse para sorprender. A Byron lee, o produtor, gustáballe. El creou o son co órgano e a guitarra rítmica. Sonaba como 'reggae, reggae' e ese nome simplemente triunfou. Byron Lee comezou a empregar a palabra (sic) e axiña todos os músicos estaban dicindo 'reggae, reggae, reggae'.[2]

O historiador do reggae Steve Barrow atribúe a Clancy Eccles a alteración do termo patois streggae ("muller fácil"), converténdoo en reggae.[2] Con todo, segundo Toots Hibbert:

Hai unha palabra que adoitábamos empregar en Xamaica chamada "streggae". Se unha rapaza pasa e os rapacen mírana e din "nacho, ela é streggae", iso significa que non viste ben, que se ve reggay (galdrapeira). As rapazas dirían o mesmo dun home tamén. Esta mañá eu e mais uns amigos estabamos xogando e eu dixen, "ben, nahco, fagamos o reggay". Foi só algo que me veu á cabeza. Así que comezamos a cantar do the reggay, do the reggay ("fai o reggay, fai o reggay") e creamos un ritmot. A xente díxome despois que deramos ao son ese nome. Antes diso a xente chamábao blue-beat e todo tipo de nomes. Agora está no Libro Guinness dos Récords.[3]

Dise que Bob Marley atribuía como orixe da palabra reggae un vocábulo da lingua castelá para referirse á "música do rei".[4]

Historia

editar

Precursores

editar

Aínda que poderosamente influenciado polo mento e o calipso tradicionais, o jazz estadounidense e o primeiro rhythm and blues, o reggae é deudor directo na súa orixe dos diferentes desenvolvementos que tiveron lugar no ska e o rocksteady durante os anos 1960 en Xamaica. Un dos individuos que máis contribuíron a este desenvolvemento foi Count Ossie.[5][6]

O ska xurdiu nos estudios de Xamaica arredor de 1959, desenvolvéndose a partir do mento.[2] O ska caracterízase por un tipo de liña de baixo chamado walking bass, ritmos de guitarra ou piano acentuados no offbeat, e en ocasións riffs de vento semellantes aos do jazz. Ademais de ser moi popular dentro da subcultura xamaicana dos rude boys, contra 1964 tamén gañara unha grande audiencia na cultura mod inglesa.

Os rude boys comezaron a pór deliberadamente os discos de ska á metade de velocidade, xa que preferían bailar máis amodo como parte da súa imaxe de tipos duros.[2] Contra mediados da década de 1960, moitos músicos comezaron a tocar ska con ese tempo lento, ao tempo que puñan énfase no walking bass e os offbeats. O son máis lento foi denominado rocksteady como consecuencia dun sinxelo de Alton Ellis. Esta fase da música xamaicana durou ata 1968, cando os músicos comezaron a aumentar a velocidade da música de novo, engadindo tamén outros efectos.[7] Isto levou á creación do reggae.

Historia do reggae

editar

O cambio do rocksteady ao reggae ilústrase polo uso do shuffle no órgano, que tivo de pioneiro a Byron Lee. Este trazo aparecía xa nalgúns sinxelos de transición como "Say What You're Saying" (1967) de Clancy Eccles ou "People Funny Boy" (1968) de Lee "Scratch" Perry. O tema "Long Shot Bus' Me Bet" publicado polo grupo The Pioneers en 1967 está considerado como o exemplo gravado máis temperán do novo son.[8]

Nos comezos de 1968 publicáronse os primeiros discos de reggae' xenuíno: "Nanny Goat" de Larry Marshall e "No More Heartaches" de The Beltones. O éxito "Hold Me Tight" do artista estadounidense Johnny Nash de 1968 está recoñecido como o primeiro en colocar o reggae nas listas de éxitos dos Estados Unidos.

Outros pioneiros do reggae son Prince Buster, Desmond Dekker e Jackie Mittoo e The Wailers, unha banda formada por Bob Marley, Peter Tosh e Bunny Wailer.

No desenvolvemento que levou o ska cara ao rocksteady e posteriormente ao reggae, foi fundamental a contribución de varios produtores xamaicanos. Entre os máis importantes están Coxsone Dodd, Lee "Scratch" Perry, Leslie Kong, Duke Reid, Joe Gibbs e King Tubby. Chris Blackwell, que fundou a discográfica Island Records en Xamaica en 1960, mudouse a Inglaterra en 1962, onde continuou promocionando a música xamaicana. Aliouse con Trojan Records, fundado por Lee Gopthal en 1968. Trojan publicou discos de artistas reggae no Reino Unido ata 1974, cando Saga comprou o selo.

En 1972, o filme The Harder They Come, no que actuaba Jimmy Cliff, xerou un considerable interese e popularidade para o reggae nos Estados Unidos, e a versión de Eric Clapton en 1974 do tema de Bob Marley "I Shot the Sheriff" axudou a levar o reggae ao mainstream.[9] Contra mediados da década de 1970, o reggae recibía un considerable espazo na radio inglesa, especialmente grazas ao programa de John Peel. O que se coñeceu posteriormente como a "idade dourada do reggae" corresponde aproximadamente ao apoxeo do roots reggae.

Na segunda metade dos anos 70, comezaba a formarse a escena de punk rock de Gran Bretaña e o reggae foi unha importante influencia para iso. Algúns DJs de punk puñan cancións de reggae durante as súas sesións e numerosas bandas de punk incorporaron estas influencias reggae en su música. Ao mesmo tempo, o reggae comezou unha certa recuperación en Inglaterra na década de 1980, con grupos como Steel Pulse, Aswad, UB40 e Musical Youth. Outros grupos que recibiron interese internacional a comezos desa década foron Third World, Black Uhuru e Sugar Minott.

Subxéneros

editar

O reggae divídese en dous subxéneros, o roots reggae (o reggae orixinal) e o dancehall reggea, que é orixinario da década de 70.

Cultura

editar

O reggae é constantemente asociado ao movemento rastafari, que, de feito, influenciou moitos dos músicos apoloxistas do estilo reggae nas décadas de 70 e 80. De calquera maneira, o reggae trata de varios asuntos relacionados coa cultura rastafari, como o amor, o sexo e principalmente a crítica social.

O reggae débelle o seu éxito en Inglaterra ao movemento skinhead que o adoptou como a súa música propia e que fixo xurdir a "Gran guerra do reggae".

En 2018 a música reggae foi recoñecida Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.[10]

  1. Dictionary of Jamaican English (1967).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "History of Jamaican Music 1953-1973". niceup.com. Consultado o 2024-08-06. 
  3. "Frederick "Toots" Hibbert: The reggae king of Kingston - Features, Music - The Independent". web.archive.org. 2009-02-16. Archived from the original on 16 de febreiro de 2009. Consultado o 2024-08-06. 
  4. White, Timothy. Catch a Fire: The Life of Bob Marley p. 16.
  5. "Cut 'N' Mix: Culture, Identity, and Caribbean Music de Dick Hebdige". 
  6. "Reggae routes: the story of jamaican music By Kevin O'Brien Chang, Wayne Chen". 
  7. Barrow, Steve & Dalton, Peter (1997) Reggae: The Rough Guide, Rough Guides, ISBN 1-85828-247-0, p. 83.
  8. ""Shocks Of Mighty: An Upsetting Biography."". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  9. "Historia de la música jamaiquina 1953-1973.". 
  10. "Reggae jamaicano entra para lista de patrimônio imaterial da UNESCO". brasil.un.org (en portugués). Consultado o 2024-08-06. [Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar