John Peel
John Robert Parker Ravenscroft, nado o 30 de agosto de 1939 e finado o 25 de outubro de 2004), coñecido profesionalmente como John Peel, foi un DJ, radiodifusor e xornalista inglés.
John Peel | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | John Robert Parker Ravenscroft |
Alcume | John Peel e Eddie Lee Beppeaux |
Nacemento | 30 de agosto de 1939 |
Lugar de nacemento | Heswall |
Falecemento | 25 de outubro de 2004 e 26 de outubro de 2004 |
Lugar de falecemento | Cuzco |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Suffolk |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Shrewsbury School |
Ocupación | xornalista, locutor de radio, DJ, autor, produtor musical e presentador de televisión |
Fillos | Tom Ravenscroft |
Irmáns | Alan Ravenscroft |
Premios | oficial da Orde do Imperio Británico |
Na rede | |
http://www.bbc.co.uk/radio1/johnpeel/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
DJ da BBC Radio 1 dende 1967 ata a súa morte en 2004, foi un dos primeiros en incluír reggae e punk nos programas de radio británica. Coñecido polo seu gusto musical ecléctico influíu significativamente no rock alternativo, no pop, no hip hop e no dance británico
Morreu aos 65 anos, durante unha viaxe en Cuzco (Perú), a causa dun paro cardíaco. Fora nomeado oficial do Imperio Británico.
O legado: Peel SessionsEditar
John Peel fixo sesións de radio con artistas recoñecidos, traballando con gran parte deles. Estas gravacións son coñecidas como as Peel Sessions, que consistían xeralmente en 4 cancións pre-gravadas nos estudios da BBC, co estilo das demos. Hai moitos álbums chamados The Peel Sessions ou The John Peel Sessions, con autoría de moitos artistas.
Moitas das clásicas Peel Sessions foron editadas en álbum, xeralmente polo selo discográfico independente Strange Fruit que fundara o mesmo Peel en 1986.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Keeping It Peel Web da BBC dedicada a John Peel e ao seu traballo, con datos das súas gravacións, artistas, homenaxes etc. (en inglés)