Teclado (instrumento musical)

instrumento

O teclado é a parte ou sección frontal dun instrumento musical, sección provista de teclas e destinada a ser accionada por medio dos dedos das mans. Por extensión, teclado aplícase comunmente a todo instrumento musical provisto de teclado. Ao presionarse as teclas, o instrumento produce sons por medios acústicos, electrónicos ou electromagnéticos, segundo o caso, e devanditos sons executados ao longo do tempo xeran melodías. En ocasións execútanse de xeito simultáneo xerando acordes, que ao longo do tempo xeran unha harmonía musical.

Teclado electrónico (Roland EXR-3)

Está composto por un conxunto de teclas adxacentes, negras e brancas. O intervalo entre teclas adxacentes é dun semitón, e entre dúas teclas corresponde a un ton. Un intérprete de instrumentos de teclado é un teclista.

Historia

editar

Os teclados musicais están deseñados en base á afinación occidental. As notas naturais da escala de do (do, re, mi, fa, sol, a, si) son brancas e de maior tamaño, mentres as correspondentes aos sostidos (do#, re#, fa#, sol#, a#) ou bemois (reb, mib, solb, lab, sib) son negras e un pouco máis pequenas. A organización convencional das notas no teclado data do século XV, aínda que a idea de teclado pode rastrexarse ata o século III a.C.

Número de teclas

editar
 
Teclado dun piano

O número de teclas nos teclados incrementouse co tempo. No século XVIII os clavecíns tiñan ata cinco oitavas (pouco máis de 61 teclas), mentres que a maioría dos pianos fabricados dende 1870 tiñan 88 teclas. Algúns pianos modernos teñen algunhas teclas máis (por exemplo un Bösendorfer 225 ten 92, e un Bösendorfer 290 Imperial ten 97 teclas). Os órganos xeralmente teñen 61 teclas por "manual". Os sintetizadores teñen polo xeral 61, 76 ou 88 teclas (case 5, 6 ou 7 oitavas, respectivamente).

O número de teclas negras e brancas pode variar segundo o fabricante, e segundo o modelo de teclado. Por exemplo, un teclado de 5 oitavas da empresa Yamaha veñen con 61 teclas (36 brancas e 25 negras); en cambio un teclado Casio de 5 oitavas ten 59 teclas (34 brancas e 25 negras).

Tipos de instrumentos de teclado

editar

Os instrumentos de teclado poden ser:

Outros instrumentos de teclado

editar

Existen instrumentos cunha conformación semellante aos teclados, sen ser exactamente instrumentos de teclado. Por exemplo, o xilófono, a marimba, o vibráfono ou o glockenspiel contan con barras dalgún material resoante dispostas igualmente en tons e semitóns, mais son golpeadas directamente mediante algún tipo de baqueta.

Teclado electrónico

editar

Un teclado electrónico xeralmente pode reproducir moitos sons, semellantes ou non aos que producen outros instrumentos. Nalgúns casos, o seu funcionamento baséase en mecanismos eléctricos, electrónicos ou dixitais que crean os sons. Aquí atópanse tanto os sintetizadores como outros instrumentos orixinalmente creados para imitar pianos (Rhodes, Würlitzer) ou órganos (Hammond).

Outros teclados reproducen mostras (en inglés samples) de sons previamente gravados. Estes poden vir fixos "de fábrica", ou ser capturados e manipulados mediante un sampler. Unha das primeiras versións deste tipo de teclado foi o Mellotron, o cal reproducía mostras de instrumentos reais gravados en cintas, cunha mostra diferente para cada nota.

Os sintetizadores e sampleadores non necesariamente contan cun teclado para ser tocados. Nos últimos anos desenvolvéronse teclados controladores para o protocolo MIDI, os cales non producen sons por si mesmos, senón que envían sinais MIDI a un sintetizador, sampler ou computadora capaz de interpretalos e traducilos en sons.

Véxase tamén

editar