O xilófono[1] é un instrumento de percusión, idiófono, formado por láminas de madeira, normalmente de palisandro (madeiras moi apreciadas e custosas) ou de materiais sintéticos. Estas láminas están dispostas de maneira cromática e soan ao ser golpeadas por baquetas. Os xilófonos caracterízanse por seren de tamaño pequeno. Existe unha variedade de xilófono chamada xilo-marimba, con características que se atopan entre as dos dous instrumentos.

Xilófono.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xilófono.