Abrir o menú principal

Disposición de varias notas musicais de tal maneira que cada unha delas mantén unha relación física coa nota fundamental en función do seu intervalo.

Acordes de tríadeEditar

Os acordes de tríade son unha das características da música occidental. Compóñense de tres notas que forman unha superposición de terceiras: a nota fundamental, a terceira nota seguinte, e a terceira nota a partir desta (ou o que é o mesmo, a quinta nota a partir da fundamental). A orde das notas pode inverterse, sen modificar o carácter da tríade.

As catro tríades que resultan das posibles combinacións son:

  • tríade maior = terceira maior + terceira menor
  • tríade menor = terceira menor + terceira maior
  • tríade aumentada = terceira maior + terceira maior
  • tríade diminuída = terceira menor + terceira menor

Acordes de sétimaEditar

Tamén chamados acordes de catro notas ou cuatríades. Resultan de engadir á quinta dunha tríade unha nova terceira.