Columbia Records

selo discográfico estadounidense

Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros. Columbia Records pasou a editar discos dunha serie de destacados vocalistas, instrumentistas e grupos. dende 1961 ata 1990, as súas gravacións editáronse fóra dos Estados Unidos e o Canadá polo selo CBS Records, antes adoptar o nome de Columbia na meirande parte do mundo.

Columbia Records


Nome curtoColumbia Editar o valor en Wikidata
Tiposelo discográfico e marca rexistrada Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Fundador/aEdward D. Easton Editar o valor en Wikidata
Operador/aColumbia Recording Corporation, Columbia Records, Inc. e EMI Italiana S.p.A. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriamúsica Editar o valor en Wikidata
Entidades
MatrizSony Music Entertainment Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación15 de xaneiro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeNova York Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcolumbiarecords.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: columbiarecords Twitter: ColumbiaRecords Instagram: columbiarecords Youtube: UC64Bb91nwpODQ8INnkhocAQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Ata 1989, Columbia Records non tivo conexión con Columbia Pictures, que utilizou varios nomes para as discográficas da súa propiedade, como Colpix e posteriormente Arista. Columbia Pictures é agora un selo irmán de Columbia Records xa que ambos están conectados a través da Sony Corporation of America.

Selos afiliados

editar

American Recording Company (ARC)

editar

En febreiro de 1979 Maurice White, membro fundador do grupo de R&B Earth, Wind and Fire, re-lanzou American Recording Company (ARC). Columbia Records encargouse da distribución dos artistas do selo, entre os que estaban o exitoso cantante de R&B e pop singer Deniece Williams, a banda de jazz-fusion Weather Report e o trío de R&B the Emotions. O último lanzamento da discográfica ocorreu en 1982.

Columbia Label Group (UK)

editar

En xaneiro do 2006 Sony BMG UK separou as súas principais operacións en dous selos distintos. RCA Label Group, dedicado principalmente ao pop e o R&B, e Columbia Label Group, dedicado a rock, dance e música alternativa.

Aware Records

editar

En 1997 Columbia afiliouse co selo Aware Records, que promocionaba a artistas sen discográfica previa, para distribuír a súa música. Grazas a esta unión Columbia fíxose con artistas que conseguirían un éxito notable. No ano 2002 Columbia aceptou manter esa relación con Aware.

Columbia Nashville

editar

No ano 2007 Columbia creou Columbia Nashville como parte de Sony Music Nashville. Isto deulle a a Columbia Nashville total autonomía e unha xestión por separado da Columbia Records.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar