Abrir o menú principal

Manuel Guillán Abalo

mestre e político galego

Manuel Guillán Abalo, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de maio de 1902 e finado na Estrada o 9 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.

Manuel Guillán Abalo
Nacemento5 de maio de 1902
 Vilagarcía de Arousa
Falecemento9 de outubro de 1936
 A Estrada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi mestre en Sada, nas escolas creadas pola sociedade "Sada y sus Contornos". Con motivo da problemática dos profesores sen praza de 1928, foi a Madrid representando ao profesorado pontevedrés e ourensán. Mestre interino na escola de San Salvador de Poio en 1931. Tivo un incidente cun inspector que motivou a súa suspensión en xuño de 1933. Manuel reclamou e foi readmitido en marzo de 1934.[1] Foi despois mestre en Pontevedra. Destinado á Insua en 1934. Estaba afiliado á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo da UGT. Afiliado ao Centro Republicano e logo á ORGA pola que se presentou candidato ás eleccións en 1931. Afiliado posteriormente ao Partido Galeguista, foi apoderado do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Pertencía a masonería.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Lalín, onde foi detido o 21 de xullo. Permaneceu no cárcere ata que o 9 de outubro o sacaron da cadea xunto a Xesús Froiz; da Prisión de Silleda sacaron a Ramón Muíños Lorenzo e preto da Estrada, no quilómetro 23 da estrada Chapa-Carril, os tres foron asasínados. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio da Estrada onde os soterraron. En xaneiro de 1937 chegou a ser procesado nunha causa militar en Pontevedra.

Vida persoalEditar

Casou con Josefa Agulló Barral en 1928.

NotasEditar

  1. El Noticiero Gallego, 4-5-1936, p. 2.

Véxase taménEditar