Xesús Froiz

xornalista e político galego

Xesús Froiz Gómez, nado en Lalín o 25 de agosto de 1903 e finado na Estrada o 9 de outubro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaXesús Froiz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1903 Editar o valor en Wikidata
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 15536

Traxectoria

editar

Estudou no Seminario de Lugo, que abandonou por enfrontamentos coas autoridades eclesiásticas e retornou a Lalín. Colaborou en La Zarpa e Verdad y Justicia e publicou poemas en Eco de Galicia co pseudónimo O Cantor do Bosque. En 1928 fíxose correspondente de Faro de Vigo en Lalín. Colaborou cos republicanos dirixidos por Manuel Ferreiro nas súas primeiras campañas en 1930. Coa proclamación da República foi nomeado garda municipal. Seguiu colaborando na prensa local, dirixiu o periódico La Nueva España e formou parte da redacción de Razón, onde tamén asinou poemas co pseudónimo RECAREDO. Ingresou no Grupo Galeguista de Lalín en 1934 e colaborou en A Nosa Terra con poemas e artigos dirixidos ás Mocedades Galeguistas. Participou na campaña das eleccións de febreiro de 1936 e na do Plebiscito do Estatuto.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 4 de agosto. Torturado, permaneceu no cárcere ata que o 9 de outubro o sacaron da cadea xunto a Manuel Guillán Abalo e xunto con Ramón Muíños Lorenzo, a quen sacaron da Prisión de Silleda, foron asasinados preto da Estrada, no km 23 da estrada Chapa-O Carril o 9 de outubro. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio da Estrada onde os soterraron.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar