Verdad y Justicia (Lalín)
periódico bimestral editado en Lalín
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Verdad y Justicia.
Verdad y Justicia foi un periódico bimestral que se editou en Lalín entre 1922 e 1924.
Verdad y Justicia | |
---|---|
Fundación | 1922 |
Remata | 1924 |
Localidade | Lalín |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 18 de abril de 1922. De tendencia agrarista, foi fundado polos emigrantes retornados de Cuba Máximo López Carral e Jesús Iglesias Surribas. Máximo López foi o seu primeiro director e Jesús Iglesias o administrador. Cando Máximo López volveu a Cuba en setembro de 1923, Jesús Filloy converteuse en director. Entre os seus colaboradores figuraban Jesús Filloy e Xesús Froiz. Foi acosado polas autoridades e atacado pola Igrexa; en xaneiro de 1923 o bispo de Lugo prohibiu a súa lectura. Cesou a súa publicación en decembro de 1924 cando o seu administrador, Jesús Iglesias volveu precipitadamente a Cuba.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Iglesias, Manuel (2002). "Os emigrantes e a transformación social na Comarca de Deza (1910-1936)". Fomento de la Instrucción Gallega. Vigo: Ir Indo. pp. 67–86. ISBN 84-7680-392-3.
Ligazóns externas
editar- Igrexas, Manuel (12/07/2016). "Xesús Iglesias Surribas, infatigábel xornalista" Historias de Deza.
- Igrexas, Manuel (31/12/2022). "O periódico que chegou de Cuba" Historias de Deza.