Abrir o menú principal

Plácido Ángel Rey Lemos

prelado galego

Plácido Ángel Rey Lemos, coñecido como El Mella Franciscano e Fray Plácido, nado en Lugo o 30 de outubro de 1867 e finado en Éibar o 12 de febreiro de 1941, foi un relixioso galego, bispo de Lugo entre 1919 e 1927.

Plácido Ángel Rey Lemos
Arcebispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1867 en Lugo
Pasamento12 de febreiro de 1941 en Éibar, Guipúscoa
Ordes
Ordenación sacerdotal5 de abril de 1890
Consagración episcopal25 de febreiro de 1917, por Rafael Merry del Val
Bispo de Lugo
1919 - 1927
PredecesorManuel Basulto Jiménez
SucesorRafael Balanzá y Navarro
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Fixo os seus estudos no Instituto de Lugo e ingresou no Seminario en 1885. Foi ordenado sacerdote o 5 de abril de 1890. Inicialmente ingresou no novizado da orde beneditina no mosteiro de Samos en 1891, mais finalmente profesou como franciscano no colexio de Compostela en 1896.[Cómpre referencia] Foi director de El Eco Franciscano. En 1906 marchou a Roma onde foi nomeado procurador xeneral en 1911. O 18 de xaneiro de 1917 foi nomeado administrador apostólico da diocese de Xaén e bispo titular Hamatha, por mor da grave doenza do bispo Juan Manuel Sanz Saravia que lle impedía gobernar a súa diocese. Recibiu a consagración episcopal o 25 de febreiro de mans do cardeal Rafael Merry del Val, e tendo como co-consagrantes ao bispo de Tui Leopoldo Eijo Garay e ao bispo de Urgell Joan Benlloch i Vivó.

O 18 de decembro de 1919 foi nomeado bispo de Lugo, e tomou posesión da sé o 11 de xuño de 1920. Foi senador polo arcebispado de Granada (1919-1920) e pola provincia eclesiástica de Santiago de Compostela (1921-1922).

Promoveu o culto eucarístico co Centro Eucarístico Diocesano e a Adoración Nocturna. Puxo en marcha a Editorial católica Lucense e impulsou o periódico La Voz de la Verdad. Sintonizou coas institucións sociais que puxo en marcha a Igrexa española: O Consello Nacional de Organizacións católico-obreiras, a Acción católica, a Confederación Nacional de Obreiros Católicos e a Confederación Nacional Católico-Agraria. En 1927 viaxa a Roma para a visita ad limina e ao rematar o despacho co papa Pío XI decidiu non volver poñer os pés en Lugo. Foi nomeado arcebispo titular de Pelusium.

ObrasEditar

  • Instruciones breves sobre la Regla de la Venerable Orden Tercera de San Francisco, 1897.
  • Instituciones Philosophiae Christianae, 1893
  • El Terciario Franciscano 1872-1897, 1893.
  • La Armonía entre la ciencia y la fe, personificada en el angélico doctor Santo Tomás de Aquino: sermón (...), 1897.
  • Historia del culto eucarístico en la Diócesis de Compostela, 1897.
  • La vida orgánica en sí misma y en sus manifestaciones, 1901.
  • Instrución pastoral sobre la sagrada predicación, 1918.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Blanco Castro, Manuel, Una gran figura gallega: el p. Plácido-Ángel Rey Lemos.
  • García Oro, José (2002). BAC, ed. La Iglesia de Lugo en el mundo contemporáneo. Del señorío temporal a la comunidad eclesial. Madrid. pp. 184–186. ISBN 84-7914-541-2. 

Ligazóns externasEditar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Juan Manuel Sanz Saravia
(bispo)
 Administrador apostólico de Xaén 
1917 - 1919
Sucesor:
Manuel Basulto Jiménez
(bispo)
Predecesor:
Manuel Basulto Jiménez
 Bispo de Lugo 
1919 - 1927
Sucesor:
Rafael Balanzá y Navarro