Leopoldo Eijo Garay

relixioso e político galego

Leopoldo Eijo y Garay, nado en Vigo o 11 de abril de 1878[1] e finado en Vigo o 31 de agosto de 1963,[2] foi un bispo católico e escritor galego.

Modelo:BiografíaLeopoldo Eijo Garay

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Leopoldo Eijo y Garay Editar o valor en Wikidata
11 de abril de 1878 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de agosto de 1963 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 4 de outubro de 1963 – Juan de Contreras y López de Ayala →
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 1 de xuño de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 15 de maio de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 14 de maio de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 13 de maio de 1952
Patriarca das Indias Occidentais
21 de xullo de 1946 – 31 de xullo de 1963
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 12 de maio de 1946
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
Bispo de Madrid-Alcalá
14 de decembro de 1922 – 31 de agosto de 1963
← Prudencio Melo y Alcalde (pt) TraducirCasimiro Morcillo González →
Bispo de Vitoria
22 de marzo de 1917 – 14 de decembro de 1922
← Prudencio Melo y Alcalde (pt) TraducirZacarías Martínez Núñez (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Vitória (pt) Traducir
Bispo de Tui
28 de maio de 1914 – 22 de marzo de 1917
← Valeriano Menéndez-Conde ÁlvarezManuel Lago González →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1914–), Sacerdote católico de rito romano (1900–), político Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónJosé María Martín de Herrera Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1091428 BUSC: eijo-garay-leopoldo-1878-1963

Traxectoria

editar

Aos cinco anos mudouse coa súa nai, unha humilde criada, a Sevilla, onde ingresou no seminario. Marchou a estudar a Roma Pontificia Universidade Gregoriana onde conseguiu o doutoramento e aprendeu latín, grego e hebreo.[3] Foi ordenado sacerdote o 27 de decembro de 1900.

Episcopado

editar

En 1914 foi promovido a ordinario da diocese de Tui, sendo ordenado bispo o 8 de novembro do mesmo ano polo cardeal Martín Herrera, arcebispo de Santiago de Compostela. Desde entón ten unha carreira de vertixe, sendo nomeado por iniciativa do rei Afonso XIII, o 22 de marzo de 1917, sétimo bispo de Vitoria,[4] sucedendo a Prudencio Melo y Alcalde, que fora nomeado bispo de Madrid-Alcalá. Ese mesmo ano publica El primer origen de la vida según el Hexámeron y según la ciencia.

O 4 de decembro de 1922 marcha a Madrid para substituír de novo ao bispo Melo, nomeado arcebispo de Valencia, tomando posesión o 26 de xuño de 1923 como bispo de Madrid-Alcalá, tamén o sétimo dos mesmos. Ocupou o cargo durante cuarenta anos, sendo o seu o pontificado máis longo dun bispo español contemporáneo. Desde alí foi testemuña privilexiada dos convulsos anos da ditadura de Primo de Rivera, a II República, a guerra civil, e a consolidación do réxime franquista no poder.

Paralelamente á súa carreira eclesiástica, desenvolveu a súa vida cultural e de escritor, con obras como Santo Tomás y la mística, El concepto de la materia universal en los textos medievales (1940), Esbozo apologético de la poesía clásica eucarística española, e Directrices sociales (1948). En 1927 ingresou na Real Academia Española, no asento do U maiúsculo, ocupando a vacante de Antonio Maura,[5] sendo o seu discurso inaugural sobre La oratoria sagrada en España; e onde se mantivo ata a súa morte.[6] O 10 de xaneiro de 1932 ingresou na Academia de Ciencias Morales y Políticas (medalla n.º 6); o seu discurso inaugural, dito o 9 de xuño de 1935, versou sobre La persona jurídica. Su concepto filosófico y derechos fundamentales que debe respetar en ella el Estado. Tamén foi membro correspondente da Real Academia Galega.

O 21 de xullo de 1946 o papa Pío XII nomeouno Patriarca das Indias Occidentais, sede soamente titular, pero que dá prestixio ao bispo da capital de España en pleno auxe dun réxime dedicado a renovar a idea do Imperio Español. Eijo y Garay foi, de feito, un dos prelados máis fieis ao réxime, en conciencia e desde a súa altura intelectual.

En 1948, recibiu a medalla de Ouro da cidade de Madrid, pero o concello retiroulla en 2016 por mor da denominada coloquialmente Lei de Memoria Histórica 52/2007.[3]

Morreu en Vigo e foi soterrado en Madrid onde recibiu honores de Capitán Xeneral con mando en praza.[7]

Política

editar

Cando comezou a Guerra civil, púxose rapidamente a prol do bando golpista e foi un dos redactores xunto co cardeal Gomá da "Carta colectiva do episcopado" en 1937 na que se afirmaba o carácter católico da guerra fronte a un "inimigo ateo e estranxeiro".[3]

Foi designado por Francisco Franco, Conselleiro nacional de F.E.T. y de las J.O.N.S. e entre 1943 e 1946 procurador a Cortes. En troques, Eijo Garay promoveu dende o seu posto bispo de Madrid que Franco puidese acudir a actos relixiosos baixo palio, co que se indicaba o apoio da Igrexa ao ditador. Tamén formou parte do triunvirato presente no Consello de Rexencia -presidido por Esteban de Bilbao Eguía e co tenente xeneral Miguel Ponte e Manso de Zúñifa, marqués de Bóveda de Limia- que exerceu a Xefatura do Estado Español entre o 22 e o 27 de outubro de 1949, durante a viaxe oficial de Franco a Portugal.

Entre 1949 e 1952, tamén foi Conselleiro Nacional.[1]

Desde a súa morte en 1963, antes do Concilio Vaticano II, o patriarcado das Indias Occidentais permaneceu vacante, sen ser nunca formalmente suprimido.

Foi o derradeiro bispo de Madrid pois, ao ano seguinte do seu falecemento, o 24 de marzo de 1964, Madrid-Alcalá foi esgazada da provincia eclesiástica de Toledo e elevada ao rango de arquidiocese inmediatamente suxeita a Roma, é dicir, sen dioceses sufragáneas e sen constituír provincia eclesiástica.

Pseudónimo

editar

Malia non estar claro de todo, semella que interviña nalgúns temas conflitivos empregando algún pseudónimo, como cando en 1931 se publicou en Madrid o folleto En defensa del altar: El presupuesto de culto y clero, deuda sagrada, asinado por un tal Doutor Rioja y Lage, que se pensa que podía ser el.[8]

  1. 1,0 1,1 "Eijo Garay, Leopoldo". congreso.es. Consultado o 04-11-2018. 
  2. Cárcel Ortí, Vicente (2018). "Leopoldo Eijo y Garay". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Bedoya, Juan G. (10-12-2016). "La caída en desgracia del obispo Eijo Garay". elpais.com. Consultado o 04-11-2018. 
  4. Robles (1997), p. 382
  5. Mata (2012), p. 134
  6. "Resolución de la Real Academia Española por la que se hace pública para su provisión la vacante producida por fallecimiento del académico de número D. Leopoldo Eijo Garay" (PDF). boe.es. Consultado o 04-11-2018. 
  7. "DECRETO 2122/1963, de 1 de septiembre, por el que se dispone se rindan honores de Capitan General con mando en plaza al cadáver deI Obispo de Madrid-Alcalá, Doctor don Leopoldo Eiio y Garay." (PDF). boe.es. Consultado o 04-11-2018. 
  8. La Esperanza (9 de xaneiro de 2023). "La independencia económica de la Iglesia española (II)". periodicolaesperanza.com (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Valeriano Menéndez Conde y Álvarez
 Bispo de Tui 
1914-1917
Sucesor:
Manuel Lago González
Predecesor:
Prudencio Melo y Alcalde
 Bispo de Vitoria 
1917-1922
Sucesor:
Zacarías Martínez Núñez
Predecesor:
Prudencio Melo y Alcalde
 Bispo de Madrid-Alcalá 
1922-1963
Sucesor:
Casimiro Morcillo González
Predecesor:
Ramón Pérez y Rodríguez
 Patriarca das Indias Occidentais 
1946-1963
Sucesor:
Vacante