Arquidiocese

diocese dirixida por un arcebispo

Na Igrexa católica de rito romano, a arquidiocese[1] (arqui- provén do grego e significan "ser o primeiro") é unha diocese cun rango superior ás convencionais. O título é un nome honorífico e del dedúcese que o bispo titular sexa denominado arcebispo. Nas Igrexas orientais católicas, as arquidioceses denomínanse arquieparquías.

Mapa das dioceses de España. En cor máis escura as arquidioceses.

Diocese sufragáneas

editar

A arquidiocese adoita presidir sobre un grupo de dioceses dunha rexión, as cales son coñecidas como "sufragáneas", pero a incidencia do arcebispo na vida de devanditas dioceses é máis de preeminencia que de inxerencia, a menos que existan razóns de forza maior para iso como a imposibilidade dun bispo a rexer a vida da súa diocese. Non todas as arquidioceses teñen dioceses sufragáneas (por exemplo, a Arcebispado Castrense de España, non ten porque non é unha arquidiocese territorial).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arquidiocese.