Manuel Lago González
Manuel Lago González, nado en Randufe (Tui) o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un eclesiástico, poeta, teólogo e arqueólogo galego, en lingua galega e castelán. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1865 Randufe, España |
Morte | 18 de marzo de 1925 (59 anos) Santiago de Compostela, España |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
24 de xullo de 1923 – ← José María Martín de Herrera – Julián de Diego y García Alcolea → | |
Bispo de Tui | |
4 de maio de 1917 – ← Leopoldo Eijo y Garay – Manuel María Vidal y Boullon → Diocese: Diocese de Tui | |
Bispo de Osma | |
25 de agosto de 1909 – ← José María García Escudero y Ubago (en) – Mateo Mújica Urrestarazu → Diocese: bispado de Osma | |
Senador do Reino | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1910–), sacerdote católico (1888–), escritor |
Membro de | |
Consagración | Benito Murúa y López |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarFixo o bacharelato e seguiu a carreira eclesiástica no seminario diocesano de Tui. En 1888 sería ordenado sacerdote. No propio seminario exerceu despois o profesorado de Sagrada Escritura, de Teoloxía, de grego e hebreo. Contribuíu a crear o diario La Integridad (1888), redactando as sección fixas "A la médula" e "Ripios".[2] Formou parte da Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía.[3] Participou nos segundos xogos florais de Galicia (1891) co discurso Gabanza da lingua galega.
Gañou por oposición unha coenxía na catedral de Lugo. Posteriormente accedeu á dignidade episcopal, sendo bispo de Burgo de Osma (1909-1917), da diocese de Tui (1917-1923) e finalmente arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925), tras 129 anos de predecesores foráneos.[3] No seu breve paso polo arcebispado, preocupouse da dignificación do Panteón Real da Catedral, encargándolle ao tallista Maximino Magariños a realización dunha sepultura para engadir ao mesmo os restos do conde Pedro Froilaz. O deseño do sepulcro, que inclúe a coroa mailas sete cruces do escudo de Galicia, foi obra do propio arcebispo.[4]
Foi académico fundador da Academia Gallega, en 1906, co discurso de ingreso Elogio de la lengua gallega[5] Foi correspondente da Real Academia da Historia[6] e, en 1924, foi elixido membro do Seminario de Estudos Galegos.
Os seus restos descansan na Capela da Comuñón da Catedral de Santiago de Compostela.
“ | Pulvis est ille vir—cui nomen—Emmanuele Lago González—magnifico animo—acri ingenio—doctrina praestans.— Lauro cinctus vatum.—Religionis adsertor indefessus—Oxomen nec-non Tuden—Gregis Pater mitius ea vigilans—Pleniore laudatus ore — decessit Compostellanus Archiepiscopus — Anno natus LIX-XVI Kal Martiis anno MCMXXV—Pax Risusque cœles-tium. — Inscrición na sepultura de Lago na Catedral de Santiago.[7] | ” |
Posuía unha magnífica biblioteca, que á súa morte foi adquirida pola Universidade de Santiago de Compostela.
Obra escrita
editarPublicou unha chea de poesías, espalladas por varias publicacións da época, como La Integridad, El Norte de Galicia, Galicia Diplomática ou Galicia Católica. Unha escolma delas figura na edición d'Os estudantes ao arcebispo de Santiago datada en 1924. Dez anos despois apareceron tamén composicións da súa autoría no Homenaxe ao arcebispo Lago González, Fror Nova e O neno Xesús, saídos da súa pluma, púxolles música o compositor José Torres Creo. En 1967 sesenta e dous poemas galegos de Lago foron recollido por Xosé Filgueira Valverde nun libro publicado pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos.
Galería de imaxes
editar
Dignidades da Igrexa católica latina | ||
---|---|---|
Predecesor: José María García Escudero y Ubago |
Bispo de Osma 1909-1917 |
Sucesor: Mateo Múgica y Urrestarazu |
Predecesor: Leopoldo Eijo y Garay |
Bispo de Tui 1917 - 1923 |
Sucesor: Manuel María Vidal Boullón |
Predecesor: José Martín de Herrera y de la Iglesia |
Arcebispo de Santiago de Compostela 1924 - 1925 |
Sucesor: Julián de Diego García de Alcolea |
Notas
editar- ↑ Lembranza de Lago González (1973). Editorial Galaxia.
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 316–317. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ 3,0 3,1 Enciclopedia Historia da Literatura AS-PG.
- ↑ Gago Mariño, Manuel. "Adiante cun fío dun gran morto para estas noites de defuntos!". Twitter (fio). Consultado o 01/04/2023.
- ↑ Lago González, Manuel (20/XI/1906). "Elogio de la lengua gallega". Boletín da Real Academia Galega (en castelán) (6-7): 137–141. Consultado o 14 de xuño de 2023.
- ↑ Boletín de la Real Academia de la Historia
- ↑ Ramón Otero Pedrayo (1965) Guía de Galicia. p. 414.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abellás, C. (1925): Oración fúnebre del Excmo. e Ilmo. Sr. Arzobispo de Santiago Dr. D. Manuel Lago González.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Carré Aldao, Eugenio (1911). Literatura gallega. Barcelona, Maucci.
- Couceiro Freijomil, A. (1951-54). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 261.
- Dobarro Paz, Xosé María (2005). Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 220. ISBN 978-84-7492-465-7.
- Filgueira Valverde, X. (1934): Lago González. Arcebispo galego. 40 p.
- Filgueira Valverde, X. (1965). Lago González: biografía y selección de su obra gallega. Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos.
- Rodríguez, Eladio (1924). Boletín de la Real Academia Gallega. nº 161, p. 98-101 (en castelán).
- Rodríguez, Eladio (1925) Boletín de la Real Academia Gallega. nº 170-171. p. 50-52, 1925 (en castelán).
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 316–317. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Lago González |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Manuel Lago González |