4 de decembro
data
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 4 de decembro é o 338º día do ano do calendario gregoriano e o 339º nos anos bisestos. Quedan 27 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 656: Preto de Basora ten lugar a batalla do Camelo entre o califa Alí e a viúva de Mahoma, Aisha.
- 771 - Morre Carlomán I deixando o reino franco a seu irmán Carlomagno.
- 1520 - Ten lugar a Asemblea de Melide. A nobreza reclama a recuperación do voto en cortes, participación nos beneficios dos descubrimentos e a mellora das capacidades militares do reino galego.[1]
- 1639 - Jeremiah Horrocks fai as primeiras observacións sobre o tránsito de Venus.
- 1881 - Publícase por vez primeira o xornal norteamericano Los Angeles Times.
- 1936 - Fusilados na Caeira os republicanos de Vilagarcía de Arousa Luis Pando Rivero, Manuel Oubiña López, José Otero Lago, Román Mondragón Cores e Ángel Navia Cores.
- 1943 - No marco da segunda guerra mundial o líder partisano Josip Broz Tito proclama o goberno Iugoslavo democrático no exilio.
- 1969 - Dous membros dos Panteras Negras, Fred Hampton e Mark Clark, son tiroteados en Chicago.
- 1971 - En Montreux (Suíza), incéndiase o casino no que tocaban Frank Zappa e The Mothers of Invention, feito que deu lugar á famosa canción de Deep Purple, "Smoke on the Water".
- 1972 - Un policia nacional mata en Santiago de Compostela ao estudante de Medicina da USC José María Fuentes Fernández.
- 1985 - A UNESCO declara Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade.
Nacementos
editar- 1595 - Jean Chapelain, escritor francés (m. 1674).
- 1795 - Thomas Carlyle, historiador, crítico social e escritor británico (m. 1881).
- 1866 - Wasily Kandinsky, pintor ruso, autor das primeiras obras abstractas (m. 1944).
- 1875 - Rainer Maria Rilke, escritor e poeta checo en lingua alemá (m. 1926).
- 1892 - Francisco Franco Bahamonde, militar e ditador español (m. 1975).
- 1898 - Xavier Zubiri, filósofo español (m. 1983).
- 1927 - Rafael Sánchez Ferlosio, escritor español.
- 1928 - Hebe de Bonafini, activista arxentina polos dereitos humanos.
- 1936 - John Giorno, poeta e artista estadounidense.
- 1953 - Jean-Pierre Darroussin, actor francés.
- 1962 - Aleksandr Litvinenko, tenente coronel do KGB (m. 2006).
- 1992 - Ana Buceta, futbolista galega.
Mortes
editar- 771 - Carlomán I, rei de Austrasia, irmán de Carlomagno que o sucede como rei dos Francos.
- 1642 - O Cardeal Richelieu, primeiro ministro do rei Lois XIII de Francia.
- 1769 - Thomas Hobbes, filósofo inglés.
- 1883 - Nicolás Taboada Leal, médico e cronista da cidade de Vigo (n. en Viveiro en 1798).
- 1911 - Gumersindo Buján Buján, xuíz e escritor galego.
- 1936 - Luis Pando Rivero, xuíz de Vilagarcía de Arousa (n. 1896).
- 1972 - Vicente Otero Cao, xornalista e historiador galego (n. 1890).
- 1977 - Camilo Barcia Trelles, profesor e escritor asturiano (n. 1888).
- 1982 - Louis Aragon, poeta e escritor francés que participou no dadaísmo e no surrealismo (n. 1897).
- 1987 - Rouben Mamoulian, director de cine e teatro armenio-estadounidense (n. 1897).
- 1993 - Frank Zappa, músico e compositor estadounidense (n. 1940).[2]
Outros
editar- Santoral: San Xoán Damasceno.
Notas
editar- ↑ "Melide celebra os 500 anos da Asemblea de 1520 que esixía a Carlos I máis autonomía para Galicia". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-05-01.
- ↑ Feldman, Paul (06/12/1993). Los Angeles Times, ed. "Frank Zappa, Iconoclast of Rock, Dies at 52" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2017.