Manuel Oubiña López

sindicalista e político galego

Manuel Oubiña López, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1901 e finado en Pontevedra o 4 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaManuel Oubiña López
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carpinteiro. En maio de 1924 foi elixido presidente da sociedade Agraria de Cornazo.[1] Coa proclamación da República foi nomeado membro da Junta provisional Republicana de Vilagarcía.[2] Na II República foi concelleiro de Vilagarcía e directivo da Federación Local de Vilagarcía da CNT. Procesado polo xuíz de Cambados acusado de falsidade en documento público, foi destituído polo Gobernador civil en agosto de 1934.[3] Absolto polo xulgado de Cambados, foi reposto no cargo o 19 de xaneiro de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Luis Pando Rivero, Valentín Briones Rey, Jesús Villaverde Rey, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a pena de morte.[5] Foi executado o 4 de decembro na Caeira.[6]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 14-5-1924, p. 5.
  2. El Compostelano, 16-4-1931, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 23-8-1936, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 13.
  5. El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3.
  6. Diario de Pontevedra, 4-12-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar