Valentín Briones Rey
Valentín Briones Rey, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de outubro de 1889, foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1889 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | século XX valor descoñecido |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa | |
19 de xaneiro de 1936 – xullo de 1936 ← Carlos Francisco Poyán González – Frutos Cerecedo Lapatza → | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Traxectoria
editarFillo de Valentín Briones Manteca e Juana Rey Barreiro. Foi rexente da fonda La Argentina e despois propietario do Balneario La Concha de Arosa e a fábrica La Caneda de Vilagarcía de Arousa. Formou parte da Juventud de Defensa de Vilagarcía encabezada en 1918 por Laureano Gómez Paratcha que editaba o periódico Heraldo de Arosa, e foi concelleiro en 1922. Foi presidente do Recreo Liceo en 1924. Coa chegada da Segunda República foi elixido concelleiro e segundo tenente de alcalde.[1] Destituído polo Gobernador civil en agosto de 1934, foi reposto no cargo o 8 de xaneiro de 1936 e logo da renuncia de Elpidio Villaverde a ocupar o cargo, foi elixido alcalde o 19 de xaneiro.[2]
Ocupou o cargo ata o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Detido o 10 de agosto, conducírono á prisión de Pontevedra o 22 de outubro. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Luis Pando Rivero, Manuel Oubiña López, Jesús Villaverde Rey, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a cadea perpetua.[3] Estivo preso no campo de concentración da illa de San Simón e trasladárono ao forte de San Cristovo de Pamplona en febreiro de 1937.[4] Volvérono trasladar á illa de San Simón en febreiro de 1939.[5]
Predecesor: Carlos Francisco Poyán González |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1936 |
Sucesor: Frutos Cerecedo Lapatza |
Vida persoal
editarCasou en 1928 con Carmen Gómez.
Notas
editar- ↑ Marcelino Abuín (8 de abril de 2006). "Valentín Briones y la República". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3.
- ↑ "Briones Rey, Valentín". Los presos del penal de Ezcaba.
- ↑ Emilio Xosé Ínsua (2021). "Un alcalde vilagarcián preso en San Simón: Valentín Briones Rey" (PDF). Aunios (26): 5–9.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 193–194. ISBN 978-84-09-02453-7.