Abrir o menú principal

Elpidio Villaverde

político galego

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Fillo de Jesús Villaverde Buceta e Rosalía Rey Barreiro (natural de Arxentina), tivo nove irmáns. En Vilagarcía fixo os seus primeiros estudos e traballou nos negocios paternos, a fábrica de salgado, o serradoiro e o Cine Fantasio. Marchou a Buenos Aires en 1904 coincidindo na viaxe co poeta Antonio Zapata, co que encabezou un motín contra os abusos e desatencións de que eran obxecto os emigrantes galegos por parte do capitán. Na Arxentina traballou en diversas oficinas comerciais e en 1906 regresou de novo a Galicia, onde se dedicou ás tarefas comerciais da súa familia.

Actividades diversasEditar

Nomeado Presidente da Cámara de Comercio o 24 de novembro de 1922. Destacou polo contribución á creación da Xunta de Obras do Porto e pola creación da comisión administrativa do Porto (1923). Cooperou para que se executasen as obras da estrada da vila a Cornazo (1924). Tamén realizou xestións para a instalación do servizo telefónico interurbano (1926). Puxo a primeira pedra para a Praza de Abastos (maio de 1926). O 17 de outubro de 1930 renunciou á presidencia da Cámara.

Política e galeguismoEditar

Militou nas Irmandades da Fala e posteriormente na ORGA, sendo elixido alcalde de Vilagarcía ao proclamarse a II República, ata que foi destituído en agosto de 1934. No seu mandato construíuse a actual Escola de Música e o antigo balneario. Durante o bienio negro, foi perseguido e encarcerado en Cambados. Nas eleccións xerais de 1936 foi electo deputado por Pontevedra por Izquierda Republicana na candidatura da Frente Popular, situación na que o colleu o inicio da guerra civil.

Saíu de Galicia en barco desde A Pobra do Caramiñal o 27 de xullo[1] de 1936 xunto co tenente alcalde de Boiro José Martínez Virel na lancha San José nº 2, dirixíndose a Portugal onde o embaixador español Claudio Sánchez Albornoz o axudou para que puidera embarcar nun buque inglés camiño de Francia, desde onde pasou a Madrid, para integrarse no bando republicano.


Predecesor:
Valentín Viqueira Torrente
  
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1931 - 1934
Sucesor:
Carlos Francisco Poyán González

ExilioEditar

Rematada a Guerra Civil, exiliouse en Francia e posteriormente trasladouse a Buenos Aires, cidade na que se dedicou aos negocios, rexentando o restaurante "La Casa de la Troya".

Acompañou a Castelao a Montevideo para fundar o 15 de novembro de 1944 o Consello de Galiza, xunto a Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos. Falou no acto de constitución representado a Galicia. Elpidio pertenceu ao Consello ata a súa morte. Acudiu ás Cortes no exilio reunidas en México e á toma de posesión dos Presidentes das Repúblicas de Chile e do Uruguai.

Tomou parte no primeiro Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires en 1956.

PasamentoEditar

Logo do seu repentino pasamento o 17 de novembro de 1962 foi velado no Centro pontevedrés e soterrado no Mausoleo do Centro Gallego, do que era socio desde a súa chegada á Arxentina. As súas cinzas foron traídas a Vilagarcía en 1988.

Vida persoalEditar

Casou en outubro de 1916 con Rosina Otero. Foi o pai de Mariví Villaverde e sogro de Ramón de Valenzuela. Outra das súas fillas, Rosina Villaverde, casou con Sandalio Alonso de la Riva. O seu fillo menor foi Francisco Villaverde Otero.

NotasEditar

  1. Pereira, D. e Fernández, E.: O movemento libertario en Galiza (1936-1976). A Nosa Terra, 2006, páxina 13

Véxase taménEditar