Montevideo
Coordenadas: 34°53′1″S 56°10′55″O / -34.88361, -56.18194
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2010.) |
Montevideo é a capital e cidade máis grande do Uruguai. É ademais sede administrativa de Mercosur.
Montevideo | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vista aérea da cidade. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Departamento | Montevideo | |
Xeografía | ||
Altitude | 43 msnm | |
Superficie | 525,54 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 1.338.408 hab. (2009) | |
Densidade | 6.523 hab/km² | |
Xentilicio | montevideano/a | |
Outros datos | ||
Código postal | 11#00 & 12#00 | |
Intendencia Municipal de Montevideo |
XeografíaEditar
Montevideo é a capital máis austral de América do Sur, situada a 34º 53' de latitude sur e 56º 10' de lonxitude oeste. Localízase na zona sur do país, con costas sobre o Río da Prata, dentro do departamento homónimo. Posúe unha superficie de 530 km² (onde aproximadamente o 60% é área rural e o restante 40% área urbanizada ou potencialmente apta para urbanizar). A súa máxima elevación é o Cerro de Montevideo, con 132 metros de altura.
O famoso paseo da Rambla ten unha lonxitude de 27 km que se desenvolven de xeito paralelo á costa, facendo del un dos máis longos do mundo.[1]
DemografíaEditar
Posúe unha poboación de 1.330.405 habitantes (1996) e unha densidade de 2.510,2 hab./km². Considerando a súa área metropolitana, Montevideo chega ós 1.668.335 habitantes, aproximadamente a metade da poboación total do país. O xentilicio para os seus habitantes é montevideano/a.
HistoriaEditar
Entre 1680 e 1683, para desafiar a soberanía española na rexión, os colonizadores portugueses do Brasil estableceron diversos asentamentos sobre as costas do Río da Prata, fronte a Buenos Aires, como a Nova Colonia do Sacramento. Con todo, os españois non efectuaron ningún intento para desaloxar ós portugueses ata 1723, cando estes comezaron a fortificar as alturas que rodean a baía de Montevideo. Unha expedición española proveniente de Bos Aires, organizada polo gobernador español nesa cidade, Bruno Mauricio de Zabala, obrigou ós portugueses a abandonar o lugar no que os españois comezaron a poboar a nova cidade. O 20 de decembro de 1726 confeccionouse un padrón de habitantes, e finalmente o 24 de decembro trazouse un plano delineatorio da cidade e designouse como "San Felipe e Santiago de Montevideo", nome que posteriormente sería abreviado en Montevideo. No 1828, a cidade converteuse na capital do Uruguai.
Orixe do nomeEditar
Existen polo menos dúas explicacións acerca da orixe do nome Montevideo: a primeira afirma que o nome provén da expresión en portugués "Monte vi eu", frase pronunciada por un mariño anónimo pertencente a excursión de Fernão de Magalhães ó divisar o Cerro de Montevideo.[Cómpre referencia] A segunda di que os españois anotaron a situación xeográfica nun mapa como "Monte VI De Este a Oeste".[Cómpre referencia]
NotasEditar
- ↑ "Montevideo, Uruguay". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montevideo |