Jesús Villaverde Rey
Jesús Villaverde Rey, coñecido como Achiño, nado en Vilagarcía de Arousa o 30 de outubro de 1897 e finado no mesmo concello o 25 de decembro de 1984, foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1897 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 25 de decembro de 1984 (87 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Familia | |
Irmáns | Elpidio Villaverde |
Traxectoria
editarFillo de Jesús Villaverde Buceta e Rosalía Rey Barreiro (natural da Arxentina), e irmán de Elpidio Villaverde. Foi elixido concelleiro de Vilagarcía de Arousa en 1931 e destituído polo Gobernador civil en agosto de 1934, acusado de falsidade en documento público. Absolto polo xulgado de Cambados, foi reposto no cargo o 19 de xaneiro de 1936 e elixido primeiro tenente alcalde.[1]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto e conducido á prisión de Pontevedra o 22 de outubro. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Luis Pando Rivero, Valentín Briones Rey, Manuel Oubiña López, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a cadea perpetua.[2] Estivo preso no campo de concentración da illa de San Simón e foi trasladado ao Forte de San Cristovo de Pamplona en marzo de 1937.[3] O 1 de febreiro de 1939 foi trasladado novamente ao campo de concentración de Illa de San Simón. Finou en Vilagarcía de Arousa o 25 de decembro de 1984.[4]
Vida persoal
editarCasou con María del Pilar Cameron-Walker Bolado e foi pai de María del Pilar, Jesús María e María del Carmen Villaverde Cameron.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3.
- ↑ "Villaverde Rey, Jesús". Los presos del penal de Ezcaba.
- ↑ Genealogía de Jesús Villaverde Castro
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 193–194. ISBN 978-84-09-02453-7.