Consello de Galiza

organismo no exilio fideicomisario da vontade autonómica do pobo galego

O Consello de Galiza foi unha entidade política galega que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e que pretendía aglutinar os deputados galegos, por riba de partidos políticos, para dotar dun órgano político a Galicia no exilio e que pretendía actuar na práctica como un goberno galego no exilio, lexitimado polo Estatuto de autonomía que se sometera a plebiscito en 1936, pero sen chegar a constituírse formalmente como a Xunta que prevía o propio Estatuto.

Consello de Galiza
Tipoorganización política
Data de fundación15 de novembro de 1944
Presidente/a
PaísUruguai
editar datos en Wikidata ]
Primeira páxina da "Acta de Constitución do Consello de Galiza", Montevideo, 15/11/1944. Fundación Penzol.

Historia e características

editar

A iniciativa da constitución do Consello de Galiza foi de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, influído polo pensamento de José Antonio Aguirre, o lehendakari no exilio. O seu primeiro presidente foi o propio Castelao e estaba formada ademais, nun primeiro momento, por Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Elpidio Villaverde. Posteriormente integrouse Alfredo Somoza.

 
Bandeira do consello de Galiza.

Coa morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950 e o exilio de Ramón Suárez Picallo en Chile, o Consello de Galiza quedou orfo de figuras representativas. Para reactivalo os deputados Alonso Ríos, Suárez Picallo e Villaverde convocaron aos directivos das principais sociedades galegas a unha xuntanza o 11 de xullo de 1960 na sede do Centro Pontevedrés. Nesa reunión foi nomeado Antonio Alonso Pérez secretario xeral de coordinación do novo Consello de Galiza. Editaron o boletín Consello de Galiza.

O 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi recoñecido como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia.[1][2]

  1. "Castelao, presidente". Praza Pública. 15 de novembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  2. "Castelao é nomeado como primeiro presidente de Galicia polo Parlamento". g24.gal. 15 de novembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
Vídeos externos
  Lois Tobío Fernández sobre o Consello de Galiza.

Ligazóns externas

editar