Xesús Torres Regueiro
historiador e escritor galego
Xesús Torres Regueiro, nado en Betanzos o 8 de decembro de 1957, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1957 (66 anos) Betanzos, España |
Actividade | |
Ocupación | historiador, escritor |
Traxectoria
editarDiplomado na Escola de Formación do Profesorado da Coruña en 1978. Mestre por oposición desde 1979, traballa no ensino. Vinculado ao asociacionismo cultural de base na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e na desaparecida Asociación Cultural Betanceira, da que foi cofundador e presidente. En 1992 promoveu a fundación en Betanzos da Asociación Cultural Eira Vella. Coordinou A Xanela, Revista Cultural das Mariñas, e ten colaborado en A Nosa Terra, así como noutras publicacións asociativas e locais, como o Anuario Brigantino.
Obra
editarEnsaio
editar- Xoán Vicente Viqueira e o nacionalismo galego, 1987, Ediciós do Castro.
- A II República nunha vila galega. Betanzos 1931-1939, 2004, Ediciós do Castro.
- Betanzos na historia, 2005, A Nosa Terra.
Edición
editar- Betanzos na voz dos poetas, 1994, Concello de Betanzos.
Tradución
editar- Traizón consagrada (a gran derrota do pobo hispano), de Luis A. Cortiñas, 2011, A. C. Eira Vella.
Obras colectivas
editar- Homenaxe a Xosé María Díaz Castro, 1987, Xermolos.
- Alcumes recollidos en Betanzos, 1989, Concello de Betanzos. Con Xulio Cuns.
- Os conquistadores modernos. Movemento obreiro na Galicia de anteguerra, 1992, A Nosa Terra.
- Pregoeiro da luz. Homenaxe literaria a Alfonso Blanco Torrado, 1993.
- As fontes no Concello de Betanzos, 2012, A. C. Eira Vella. Con Antón García González.
- As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha do autor en Galegos.