Edicións Laiovento
(Redirixido desde "Laiovento")
Edicións Laiovento é unha editorial galega rexistrada en Santiago de Compostela. Ten un repertorio máis de 200 libros e ensaios críticos, con cada vez un maior número de traducións.
TraxectoriaEditar
Foi fundada en 1990[1] por Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Xesús Couceiro, Manolo González Millares, Francisco Pillado e Afonso Ribas. O nome tomárono dun texto dramático de Ramón Otero Pedrayo.
Publica ensaio, narrativa, teatro e poesía nas súas coleccións Laiovento, Vento do Sul (en potugués), Breviarios (divulgación), Fóra de Serie e VentoaLto.
O seu organigrama, cando a fundación, era o seguinte:
- Presidente: Xesús Couceiro Rivas
- Coordinador: Afonso Ribas Fraga
- Deseñador: Xosé Carreiro Montero
Francisco Pillado deixou a dirección da editorial en marzo de 2014.[2]
NotasEditar
- ↑ Laiovento y Miguel Anxo Murado reciben los premios de la Fundación Pedrón de Ouro, Europapress, 31 de maio de 2015 (en castelán).
- ↑ Francisco Pillado deixa a dirección de Laiovento, en Praza Pública, 4 de marzo de 2014.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Edicións Laiovento
- Ficha na páxina web da Asociación Galega de Editoras