A Nosa Terra (1977)

A Nosa Terra é un periódico que primeiro se editou en papel, para posteriormente pasar a ser electrónico, que opera en Galicia dende 1977. Encadrado na órbita do nacionalismo, e escrito integramente en galego, estivo dirixido por Margarita Ledo, Xosefina López Corral, Xosé Currás, Afonso Eiré e Manuel Veiga Taboada. Tivo un parón en 2012, reanudando a edición electrónica en 2018.

A Nosa Terra
Tipoinformación xeral
Fundación1977
DirectorAfonso Eiré
Tendencianacionalismo
LinguaGalego
ÁmbitoGalicia Galicia
Periodicidadevariable segundo a época
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Entre os promotores do proxecto de 1977 estaban Margarita Ledo, que foi a súa primeira directora, os xornalistas Xosé Ramón Pousa, Antón Galocha, Xosé López, Marita Otero, Lois Celeiro; o deseñador gráfico Pepe Barro e o fotógrafo Fernando Bellas Jiménez. A primeira etapa do periódico, sempre semanal, durou ata 1980, foi dirixida por Ledo e tivo a súa sede en Santiago de Compostela. Ledo foi substituída en 1980 por Xosefina López Corral. En 1981 a publicación foi condenada por ataques á Constitución e estivo clausurada durante tres meses. Daquela a redacción trasládase a Vigo e reabre co director en funcións, Afonso Eiré, que sería director formal do semanario a partir de 1983[1].

Ao longo dos seus anos recolleu artigos dos mellores e máis destacados xornalistas e escritores galegos (Manuel Rivas, María Xosé Queizán, Carlos Casares, Xosé Antón Gaciño, Xesús González Gómez etcétera) e dos máis destacados humoristas gráficos, como Xaquín Marín ou O Carrabouxo.

 
A Nosa Terra Diario foi a edición dixital.

O periódico funcionou principalmente como semanario, aínda que en diversos períodos viuse obrigado a saír quincenalmente, facendo en total 33 anos. En decembro de 2007 o periódico realizou unha importante reforma deseñística e de contidos[2]: Eiré, o daquela director, ascendía a conselleiro delegado, e as tarefas de dirección xornalística recaían en Manuel Veiga. Asemade, publicábase unha edición electrónica coordinada por César Lorenzo. Os problemas económicos, endémicos durante toda a vida desta cabeceira, comezaron a sucederse[3] ata que en agosto de 2010 a empresa editora, Promocións Culturais Galegas SA anunciou a suspensión de pagamentos e o peche do semanario en papel. A partir dese momento, continuou actualizándose a edición electrónica, que pechou temporalmente os seus contidos o 23 de setembro de 2011.[4] Retomou a edición electrónica en 2018.[5]

Notas editar

  1. Un consello de administración plural Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. A Nosa Terra, 3/12/2007.
  2. Manuel Veiga dirixirá a nova A Nosa Terra Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. A Nosa Terra, 3/12/2007.
  3. Obelleiro, Paola: 'A Nosa Terra' se vuelve virtual El País, 1/9/2010.
  4. Cento catro anos despois, un novo até logo, A Nosa Terra, 23/9/2011.
  5. "'A Nosa Terra' regresa á rede coa hemeroteca dixitalizada do semanario dende 1977 e novos contidos". Praza Pública. 25 de outubro de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar