Luís Celeiro

xornalista e escritor galego

Luís Celeiro Álvarez, nado en Samos o 25 de decembro de 1955, é un xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaLuís Celeiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1955 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Samos, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1097141 AELG: 265 BUSC: celeiro-alvarez-luis-1955 Dialnet: 2532003

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid, é doutor en Socioloxía e Ciencia Política, pola Universidade de Santiago de Compostela.

Desenvolveu a súa actividade como xornalista en A Nosa Terra, o semanario Tempo Galego, correspondente de Diario 16 en Galicia, colaborador de La Voz de Galicia, El Progreso, La Región, El Correo Gallego e O Correo Galego, xunto con outra serie de publicacións diarias e semanais. Entre 1991 e 1996 foi xefe do Gabinete do Conselleiro, primeiro, de Relacións Institucionais e, despois, de Cultura. En xuño de 1996 retomou a súa actividade como director de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1997 encargáronlle a dirección da súa publicación xornalística e, en novembro de 1999, a do diario dixital USC. Xornal electrónico, o primeiro xornal diario electrónico das universidades do Estado Español. Actualmente é xefe do Gabinete de Comunicación e profesor Asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación nesta mesma Universidade.

Ensaio

editar

Obras colectivas

editar
  • A Comunicación na empresa e na institución, 2000, Ir Indo.
  • Apuntes sobre a prensa comarcal en Galicia, 1990.
  • Sucasas, 1993.
  • Estratexias dos medios locais galegos na fin de século, 1999.
  • Realidade social galega, 2000.

Premios

editar