Elías Valiña

sacerdote galego

Elías Valiña Sampedro, coñecido como O cura do Cebreiro, nado en Lier (Sarria) o 2 de febreiro de 1929 e finado o 11 de decembro de 1989, foi un sacerdote e escritor galego[1].

Modelo:BiografíaElías Valiña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Lier, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas
Universidade Pontificia de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote, escritor Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 196834 BNE: XX1054571

Traxectoria

editar

Licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Comillas en 1959 e doutorado na Universidade Pontificia de Salamanca en 1965. Foi párroco do Cebreiro dende 1959, propulsou a restauración do poboado do Cebreiro, rematada en 1971 coa inauguración do Museo Etnográfico. Foi un estudoso do Camiño de Santiago que sinalizou coas frechas amarelas o traxecto desde Francia e, en Galicia recuperou tramos perdidos e promoveu a creación do Boletín del Camino de Santiago.

Dirixiu o Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975) e o Inventario del patrimonio arquitectónico de la provincia de Lugo (1980-1983).

  • El Camino de Santiago: estudo histórico-jurídico, 1971 (Premio Antonio de Nebrija 1967).
  • Catálogo de los archivos parroquiales de la diócesis de Lugo (Premio José María Cuadrado, CSIC).
  • El Camino de Santiago. Guía del peregrino, 1985.
  1. Elias Valiña Sampedro Arquivado 27 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en Jacobeoenpie.com (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Documentais

Elías Valiña. O inventor das frechas amarelas (2022). Documental de Aser Álvarez. 34 min. A historia vital de Elías Valiña Sampedro, o cura do Cebreiro, principal responsable do rexurdimento dos Camiños de Santiago no Século XX e inventor das características frechas amarelas que o sinalizan.[1] [2]

  1. "Elías Valiña. O inventor das frechas amarelas". AGalega. Consultado o 2024-08-23. 
  2. "Elías Valiña. O inventor das frechas amarelas". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2024-08-23.