Fiz Vergara Vilariño

poeta galego

Félix Vergara Vilariño, coñecido como Fiz Vergara Vilariño, nado en Santalla (Samos) o 15 de abril de 1953 e finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997, foi un poeta galego.[1]

Modelo:BiografíaFiz Vergara Vilariño
Biografía
Nacemento15 de abril de 1953 Editar o valor en Wikidata
Santalla, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1997 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Santalla, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1321074 BUSC: vergara-vilarino-fiz-1953

Traxectoria

editar

O seu pai nacera en Cuba, e a súa nai en Gamiz[2]. Dende rapaz sufriu distonía muscular provocada por unha caída na casa. Estudou o bacharelato en Madrid, Sarria e Lugo, cidade esta onde se relacionou literariamente con Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel e Claudio Rodríguez Fer, para deseguida volver á súa aldea natal, onde residiu na casa paterna, adicado unicamente á literatura.[3]

Formou parte do colectivo Cravo Fondo. A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior intimismo. A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina desde Orfo de ti en terra adentro (1976).[4]

Estudosos da súa obra son Iago Rodríguez Yáñez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xesús Alonso Montero, Paco Martín, Antón Tovar, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel María, Carlos Casares ou Lois Celeiro.[5]

En marzo de 2024 déuselle o seu nome a unha praza en Samos, a carón do mosteiro (Praza "Vergara Vilariño"), dedicada a el e á súa familia.[6]

Poesía

editar

Narrativa

editar
  • Por que Deus faría a brétema? Narrativa reunida (2023). Vigo: Galaxia. 269 páxs. ISBN 9788411760331. Edición de Iago Rodríguez Yáñez.[8]

Obras colectivas

editar

Premios

editar

Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

editar

Na honra do poeta, o Concello de Sarria convoca dende o ano 2000 o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño para composicións inéditas escritas en lingua galega.

  1. "Vergara Vilariño, Fiz". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-12. 
  2. Moreno, M. V., ed. (1973). Os novísimos da poesía galega. Akal. pp. 267–269. 
  3. "Fiz Vergara Vilariño Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-07-12. 
  4. Carrera; Uxía (2022-09-12). "25 anos sen Fiz Vergara: O poeta que escribiu o que a enfermidade non lle deixou expresar coa fala". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-07-12. 
  5. Artigo "VERGARA VILARIÑO, Fiz" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  6. Lugo, El Progreso de (2024-03-29). "Unha praza para o poeta de Lóuzara". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-03-29. 
  7. "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 10 de maio de 2014. 
  8. "¿Por que Deus faría a brétema?. Narrativa reunida". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-12. 
  9. "Vergara Vilariño, Fiz". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-07-12. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar