Xosé María Álvarez Cáccamo

escritor, crítico literario e profesor de literatura galego

Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de lingua e literatura.[1]

Xosé María Álvarez Cáccamo
Nome completoJosé María Álvarez Cáccamo.
Nacemento6 de xullo de 1950
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncrítico literario, especialista en literatura, escritor, profesor universitario e literary scholar
PaiXosé María Álvarez Blázquez
IrmánsCelso Álvarez Cáccamo, Alfonso Álvarez Cáccamo e Berta Álvarez Cáccamo
Xénerospoesía, narrativa, literatura infanto-xuvenil, teatro, ensaio
Na rede
Bitraga: 1313 AELG: 247 Dialnet: 3300092 Discogs: 5146822 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1973 foi profesor de ensino secundario. Reside en Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.[2]

Ademais de poesía, ten publicados relatos breves, teatro e literatura infantil. A súa obra traduciuse ao catalán, castelán, éuscaro e italiano. Obtivo os premios Esquío, González Garcés e Arume e os Premios da Crítica de Galiza e de España.[3]

Fixo parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos "Galicia Literaria" de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e "Faro das Letras" de Faro de Vigo (1993-1996). Entre 1984 e 2002 formou parte do equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi presidente interino tras a dimisión de Carlos Mella (2001) e a elección de Bernardino Graña (2002), e foi coordenador das súas revistas "Nó" e "Contemporánea". Foi membro fundador do "Foro da Cultura" e de "Esculca Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades". Formou parte entre 2003 e 2010 do consello de redacción da revista Grial. Formou parte do colectivo Burla Negra.[4][5]

Vida persoal editar

É fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e mais de María Luisa Cáccamo Frieben, e irmán de Alfonso, Celso e Berta Álvarez Cáccamo.

Obra en galego editar

 
Culturgal 2010

Poesía editar

Narrativa editar

 
X. M. Álvarez Cáccamo na libraría Chan da Pólvora, de Compostela

Literatura infanto-xuvenil editar

Teatro editar

Ensaio editar

 
Álvarez Cáccamo en Moaña

Obras colectivas editar

  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
  • Desde a palabra, doce voces (1986). Sotelo Blanco.
  • Monólogos (1987) .Sotelo Blanco, teatro.
  • Sis poetes gallecs (1990). Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán.
  • Literatura galega século XX (1992). Galaxia.
  • Magritte x 3 (1993). Laiovento.
  • Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy (1995). Deputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Ediciós do Castro.
  • Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional) (1996). Galaxia.
  • Novo do trinque (1997). Bloque Nacionalista Galego. Relatos.[a]
  • Clásicos e modernos: tres leituras poéticas (1999). Universidade da Coruña.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2000). Tris Tram.
  • Escolma de familia (2000). Xerais, poesía.
  • Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003). Consello da Cultura Galega.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior.
  • Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos (2003). Laiovento.
  • XVIII Festival da Poesía do Condado (2004). S. C. D. Condado.
  • Xela Arias, quedas en nós (2004). Xerais, poesía.
  • X. Espazo para un signo (2005). Xerais.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). Espiral Maior.
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia.
  • Poética da casa (2006). Xunta de Galicia.
  • Presenza do poema (2006). Espiral Maior.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario (2007). Xerais.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008). Universidade da Coruña.
  • O Miño, unha corrente de memoria. Actas das xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño (2008). Alén Miño, Ponteareas.
  • Poemas ao pai (2008). Espiral Maior.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Editorial Toxosoutos.
  • Pel con pel (2010). Galaxia.
  • 15-M: O pobo indignado (2011). Laiovento.
  • XXV Festival da Poesía no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom (2011). S. C. D. Condado.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011). Galaxia.
  • Cociñando ao pé da letra (2011). Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011). Laiovento.
  • Tamén navegar (2011). Toxosoutos.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011).[19]
  • Banqueiros (2012). Laiovento.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Editorial Toxosoutos.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[20]
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015). Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015). Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Os aforismos do riso futurista (2016). Xerais. Aforismos.

Edicións editar

  • Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, 1985, Ediciós do Castro.
  • Poesía galega completa, de Xosé María Álvarez Blázquez, 1987, Xerais.
  • Onde o mundo se chama Celanova, de Celso Emilio Ferreiro, 1991, Xerais.
  • 50 anos de poesía galega. A Xeración do 36, 1994, Editorial Penta. Con Xosé Carlos López Bernárdez.
  • Obra poética. Antoloxía. Antón Avilés de Taramancos, 1998, A Nosa Terra e Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
  • O libro dos cen poemas. Antoloxía da poesía infantil galega, 2002, Espiral Maior. Con Marisa Núñez.

Obra en castelán editar

Poesía editar

  • Laberinto el clavicornio (1977). Editorial Castrelos
 
Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018.

Premios editar

Notas editar

Referencias
  1. "Xosé María Álvarez Cáccamo". As Escollas Electivas. 2012-01-13. Consultado o 2022-11-16. 
  2. "Editorial Galaxia Xosé María Álvarez Cáccamo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2022. Consultado o 2022-11-16. 
  3. "Xosé María Álvarez Cáccamo Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-11-16. 
  4. "Xosé María Álvarez Cáccamo". www.aelg.gal. Consultado o 2022-11-16. 
  5. "Edicións Laiovento - Xosé María Álvarez Cáccamo". laiovento.gal. Consultado o 2022-11-16. 
  6. "Foc blanc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  7. "Le feu blanc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  8. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  9. Moreiras, Iria (abril, maio, xuño 2023). "Mel de limbre e buques ferruxinos". Grial LXI (238): 84–85. ISSN 0017-4181. 
  10. "La llum dels extraviats". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  11. "A cazar palabras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  12. ""Ganapán das palabras" de Pepe Cáccamo CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-11-16. 
  13. "Dinosaurio Belisario". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  14. "Dinosauri Belisari". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  15. "Zerribarne dinosaurioa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  16. "Dinossáurio Belisário". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  17. "Memoria de poeta Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2022-11-16. 
  18. "Edicións Laiovento - As artes da vida de Ánxel Huete". laiovento.gal. Consultado o 2022-11-16. 
  19. A Nave das Ideas
  20. Libro electrónico

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar