Bernardino Graña

escritor e profesor galego

Bernardino Graña Villar, nado en Cangas o 27 de setembro de 1932, é un escritor galego.[1][2]

Bernardino Graña
Nacemento27 de setembro de 1932
Lugar de nacementoCangas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela, Universidade de Salamanca e Universidade de Madrid
Ocupaciónescritor
PaiBernardino Graña Refojos
Coñecido porSe o noso amor e os peixes Sar arriba andasen
Na rede
AELG: 159
editar datos en Wikidata ]
Bernardino Graña.

Traxectoria editar

É fillo de Bernardino Graña Refojos. Foi catedrático de lingua e literatura na educación secundaria en diversos destinos, entre eles Onda, Reus, Guadix, Zaragoza, Padrón, Sarria e Cangas, até a súa xubilación en 1991. Desde moi mozo formou parte do consello de redacción da revista poética Alba.

En Salamanca nos anos 1950, co profesor-poeta Rafael Laínez Alcalá, participou nas revistas poéticas e no faladoiro Marabunta, que organizaba recitais na Universidade salmantina na aula de Salinas e outros foros.[3] Participou tamén como articulista en La Noche e Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta noutras publicacións,[4] como Vieiros, Grial ou Ágora.[5]

Fai parte da xinea das Festas Minervais e como tal, en 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid. Tamén foi impulsor e o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG),[6] entidade da cal foi nomeado socio de honra no 1996 e Presidente de Honra en 2021.[7] O 12 de xuño de 2010 entrou a formar parte da Real Academia Galega.

Obras editar

Poesía editar

Teatro editar

Literatura infanto-xuvenil editar

Narrativa editar

Libros de conversas co autor editar

Epistolarios editar

Edicións editar

Obras colectivas editar

  • Homenaxe a Luís Seoane (1977).
  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés (1978, Ediciós do Castro).
  • I Festival de Poesía no Condado (1981, S. C. D. Condado).
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
  • XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
  • Os monos contra os paxaros (1992, Xunta de Galicia).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Relato contemporáneo (1995, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • E dixo o corvo... (1997, Xunta de Galicia).
  • A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán (2003, Edicións do Cumio).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
  • Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • Vinte cantigas de escarnio e maldicir (2009, Morgante). Edición literaria con Alexandre Ripoll Anta.
  • Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
  • Berros no roncar das ondas (2012, ArTeu). Poemas en diálogo con fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender.

Premios editar

Notas editar

  1. "Bernardino Graña". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-27. 
  2. "Bernardino Graña". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-27. 
  3. "Bernardino Graña Villar". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-07-27. 
  4. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-07-27. 
  5. 5,0 5,1 "Bernardino Graña Villar". Real Academia Galega. Consultado o 2020-07-27. 
  6. "Bernardino Graña". www.aelg.gal. Consultado o 2020-07-27. 
  7. "O Consello Directivo da AELG nomea Bernardino Gra\u00F1a Presidente de Honra da Asociaci\u00F3n". www.aelg.gal. Consultado o 2021-09-28. 
  8. "PoesiaGalega: "Bernardino Graña: Himno verde"". www.poesiagalega.org. Consultado o 2020-07-27. 
  9. "Centro de Documentación da AELG". www.aelg.gal. Consultado o 2020-07-27. 
  10. "Tres vellas fábulas novas". Dialnet. 
  11. Nicolás, Ramón (2011-04-20). "Ser auga, darse en auga, de Bernardino Graña". Caderno da crítica. Consultado o 2020-07-27. 
  12. Nicolás, Ramón (2020-07-25). "Os toliños mariñeiros da Costa da Morte, de Bernardino Graña". Caderno da crítica. Consultado o 2020-07-26. 
  13. "Contos populares da provincia de Lugo". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-07-27. 
  14. Galicia, Xunta de (2021-11-02). "Os Premios da Cultura Galega 2021 recaen en Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, ‘Dígocho eu’, o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-03. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • López García, A. (2002): Se as aves insistisen na ledicia. A obra de Bernardino Graña. Laiovento.
  • Fernández r. mera, h. Conversas con Bernardino Graña (2005). Xerais.
  • VV.AA. (2007): Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario. Vigo, Edicións Xerais de Galicia.

Ligazóns externas editar

Vídeos externos
  Galicia letra a letra