Reus

concello da provincia de Tarragona

Coordenadas: 41°9′20″N 1°6′30″L / 41.15556, -1.10833

Reus é unha cidade e un concello catalán pertencente á provincia de Tarragona. Ocupa unha área de 52,82 km², e no ano 2022 tiña 106.741 habitantes[1]. É a capital da comarca do Baix Camp.

Reus
Praza Mercadal coa Casa do Concello ao fondo
Localización
Reus en Cataluña
Reus
Reus
Reus en Provincia de Tarragona
Reus
Reus
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaTarragona
ComarcaBaix Camp
Xeografía
Altitude117 msnm
Superficie52,82 km²
Demografía
Poboación106.741 hab. (2022)
Densidade2.020,8 hab./km²
XentilicioReusenc/a
Outros datos
Código postal43200 - 43206
AlcaldeCarles Pellicer Punyed (Junts per Reus)
Páxina oficial

Dous antigos municipios forman parte do actual termo municipal de Reus: El Burgar e Mascalbó. No arrabalde da cidade atópase o Aeroporto de Reus, que é ao tempo o da capital provincial, Tarragona.

Hidrografía Editar

Os cursos de auga son regos (barrancs, riera, en catalán), dos que os principais son o Ruben Barranco del carrer Rocamora, os da Abeurada, Cinc Ponts, Roquís, Boella, Escòrial e Pedret e as Rieras de la Quadra, da Selva, de Maspujols e o de Pi del Burgar.

A cidade Editar

O centro urbano é a Praza Prim. O núcleo antigo está entre os barrios de Robuster, de Sant Pere, de Jesús, de Martí Folguera, do Pallol e de Santa Anna, zona coñecida como Tomb de Ravals. Un núcleo máis moderno está delimitado polo perímetro de Riera Miró, avenida Sant Jordi, rúa Dr. Robert, Passeig Mata, Passeig Sunyer, Plaça de les Oques, Passeig Prim, Plaça Pastoreta, avenida La Salle, avenida Pere el Cerimoniós e Riera Aragó. Para alén destes límites a cidade está en expansión.

Centros educativos Editar

Ademais de centros de estudos dos diversos niveis de primaria e secundaria, a cidade conta cunha facultade de Ciencia Económicas e Empresariais, e outra de Medicina e Ciencias da Saúde, que dependen da Universidade Rovira i Virgili.

Festas Editar

As festas maiores de Reus son as de san Pedro, o 29 de xuño. O 25 de setembro celébrase a festa da Misericordia. Evento característico da festa maior é a tronada. Outras festas a destacar son o Entroido (Carnestoltes) e a Festa de l'anada na estrada para Salou. Moitos dos barrios teñen a súa propia festa.

Comercio Editar

Reus é un grande centro comercial. As rúas máis comerciais son as de LLovera, Monterols, Sant Joan, Galanes, Jesús e do Vent.

Arredor do día de Sant Jaume (Santiago) hai feira, antes gandeira, mais hoxe en día de carácter variado. A Feira de Mostras celébrase no Pavillón de Feiras, construído case especificamente ad hoc hai uns trinta anos, en terreos da antiga estación de ferrocarril.

O mercado semanal ten lugar os luns e sábados no edificio do Mercado Central. A lonxa de contratación de froitos secos que se celebraba na Praza de Prim foi clausurada en 2004.

Edificios singulares Editar

 
Instituto Pere Mata.
  • Pazo Bofarull (Palau Bofarull), sede da Escola e Conservatorio de Música, que ten auditorio.
  • Pazo dos Marqueses de Tamarit (actual Centro de Lectura).
  • Casa Navàs, na praza Mercadal).
  • Casa Cochs.
  • Cal Boule (Raval Santa Anna)
  • Casa Rull (antigo Museu Prim-Rull e arquivo municipal)
  • Casa Gassull (Carrer de Sant Joan)
  • Casa Serra (na estrada de Castellvell)
  • Campanar (Praza de Sant Pere)
  • Castell del Cambrer (Praza do Castell)
  • Banco de España (Raval Santa Anna), hoxe Museo Salvador Vila-seca.
  • Casa do Concello
  • Entre as diversas casas da época do Modernismo catalán (Modernisme), destacan os pavillóns do Instituto Pere Mata construídos entre 1899 e 1919.

Monumentos Editar

 
A tronada nas festas

Fican aínda algunhas fontes, como a da praza do Sang (de 1779), a de Neptuno na praza do Víctor (de 1789), a de Hércules na praza homónima (de 1857). Fontes ornamentais son as do Nen de les Oques (Plaça de les Oques) e a de Triptolemo (Plaça Joan Rebull).

Contan tamén con fonte as estatuas da Pastoreta (praza Pastoreta) e a de Marià Fortuny (Plaça de la Llibertat). Outras estatuas salientables, sen fonte, son a de Joan Prim (praza Prim) e máis a do Condesito (praza de Marià Fortuny).

Ha tamén algúns monumentos modernos (á Muller Traballadora, á Industria Téxtil etc.) de cariz simbólico.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar


  1. "Idescat. El municipi en xifres". www.idescat.cat. Consultado o 2023-02-08.