Universidade Rovira i Virgili

universidade española

A Universidade Rovira i Virgili (en catalán e oficialmente: Universitat Rovira i Virgili), coñecida co acrónimo URV, é unha institución pública de ensino superior de Cataluña con centros en Tarragona, Reus, Vila-seca, Tortosa e El Vendrell, que ten como obxectivos prioritarios a docencia e a investigación.

Universidade Rovira i Virgili

Nome curtoURV Editar o valor en Wikidata
Tipouniversidade pública, editor de acceso aberto e universidade Editar o valor en Wikidata
EpónimoAntoni Rovira i Virgili Editar o valor en Wikidata
Orzamento110.680.000 € Editar o valor en Wikidata
SedeTarragona Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°07′11″N 1°15′38″L / 41.1197, 1.2606
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1991 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Reitor/aJosep Pallarès Marzal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de membros1.145 e 703 Editar o valor en Wikidata
Número estudiantes11.621, 11.141 e 17.186 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Contacto
Páxina WEBurv.cat Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: universitatURV Twitter: universitatURV Instagram: universitaturv BNE: XX138023 Dialnet: 819110 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Edificio do Reitorado.

Foi recoñecida como Campus de Excelencia Internacional Cataluña Sur (CEICS) polo Ministerio de Educación. Isto supón a consolidación da agregación estratéxica das diversas entidades e estruturas de docencia, investigación, transferencia de coñecemento e o sector produtivo do sur de Cataluña co obxectivo de converterse nun referente internacional nos ámbitos da Química e a Enerxía, a Nutrición e a Saúde, o Turismo, a Enoloxía, así como o Patrimonio e a Cultura.

Campus e centros

editar

A Universidade Rovira i Virgili ten seis campus que aloxan as sete facultades, as tres escolas técnicas superiores e as dúas escolas universitarias, máis unha sede no Baix Penedès.

  • Campus Cataluña: no centro da cidade de Tarragona.
    • Facultade de Letras
    • Facultade de Ciencias Xurídicas
    • Escola Universitaria de Enfermería
  • Campus Sescelades: no norte da cidade de Tarragona.
    • Facultade de Ciencias da Educación e Psicoloxía
    • Facultade de Química
    • Facultade de Enoloxía
    • Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE)
    • Escola Técnica Superior de Enxeñería Química (ETSEQ)
  • Campus Vapor Nou: no centro da cidade de Reus.
    • Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde
  • Campus Bellisens: no leste da cidade de Reus.
    • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    • Escola Técnica Superior de Arquitectura de Reus (ETSAR) prepara e expide o título de Arquitecto, así como doutoramentos e masters de posgrao. Creouse en 1991 e é a única escola de arquitectura da provincia de Tarragona. O centro está situado no Campus Bellisens de Reus.
  • Campus Vila-seca: en Vila-seca.
    • Escola Universitaria de Turismo e Lecer - Vila-seca
  • Campus Terres de l'Ebre: en Tortosa.
    • Impártense estudos de Grao de Enfermería, de Administración e Dirección de Empresas, de Educación Infantil e de Educación Primaria.
  • Sede do Baix Penedès: en El Vendrell.
    • Impártense estudos de Grao de Enfermería e de Educación Infantil.

Centros adscritos

editar
  • Centro de Estudos Superiores de Aviación (CESDA) - Reus
  • Escola Universitaria da Saúde e o Deporte (EUSES) - Tortosa

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar