Gandia, Valencia

concello da provincia de Valencia

Coordenadas: 38°58′00″N 0°10′56″O / 38.96667, -0.18222

Gandia (en valenciano pronunciado [ɡanˈdi.a]; en castelán: Gandía) é unha cidade da provincia de Valencia, capital da comarca da Safor. Está moi preto da costa e á beira do río Serpis. En 2008 tiña 90 020 habitantes.

Gandia
Bandera de Gandia.svg
Escut de Gandia.svg
Passeig Germanies de Gandia.JPG
Localización
Localització de Gandia respecte del País Valencià.png
PaísEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaValencia
ComarcaSafor
Xeografía
Altitude22 msnm
Superficie60,8 km²
Demografía
Poboación90 020 hab. (2008)
Densidade1.273,37 hab./km²
XentilicioGandiense
Outros datos
Código postal46701 - 46703
AlcaldeArturo Torró Chisvert (PP)
Ajuntament de Gandia

XeografíaEditar

O municipio de Gandia abarca 61,5 km². Áchase nunha localización privilexiada entre o mar Mediterráneo, con magníficas praias de area dourada: a de Ahuir, con sector nudista incluído, a de Venecia, a Norte e máis a de Rafalcaíd, a montaña: o Montdúver (841 m) e máis a horta, regada polo Serpis.

ClimaEditar

O clima de Gandia é mediterráneo pluvioso, con moita humidade, tanto en inverno como en verán. As choivas, aínda que son bastante abundantes, concéntranse no outono e poden seren espectaculares. De feito Gandía ten un rexistro de precipitacións máximas en 24 horas de 720 mm., que se recolleron o 3 de novembro de 1987. Con ocasión desa "gota fría" Gandia achegou en dous días 844 mm., rexistro só superado pola veciña poboación de Xàbia. Polo tanto está suxeita a fortes inundacións, sobre todo na beira do río Serpis.

EconomíaEditar

Na actualidade o sector económico principal de Gandia é o turismo, que fan do concello unha potencia do ramo, e, como consecuencia arrastra dos servizos e do sector inmobiliario. O sector industrial non carece de importancia, mentres que a dedicación agrícola só ocupa un 4% da poboación activa.

HistoriaEditar

Prehistoria e Historia AntigaEditar

As covas de Parpalló e as das Meravelle, paleolíticas, mostran os restos máis antigos poboamento na zona. Tamén está constatado o paso dos iberos e dos romanos.

Idade MediaEditar

Aínda que a procedencia da cidade é árabe, non é até 1240, momento da ocupación cristiá do castelo de Bairén por Xaime I, cando se pode falar dun núcleo urbano; até entón Gandia era unha pequena vila que vivía do cultivo da cana de azucre. O amurallamento da localidade propiciou o agrupamento do diversos núcleos poboados dispersos polo termo. En 1323 Jaume II el Just concedeu a seu fillo, o infante Pere de Ribagorza, o señorío da vila.

En 1359 herdouno o fillo dese, Afonso de Aragón i Foix, de alcuño o Vello, quen, no ano 1399, recibiu de Martín l'Humá o título de duque, con Gandia como centro do ducado, estabelecendo na vila unha corte famosa na època. Seu fillo Afonso V de Ribagorza continuou a obra de seu pai: impulsou o cultivo da cana de azucre e o artesanto, edificou o Pazo Ducal de Gandia, o Mosteiro de Sant Jeroni de Cotalba, reformou a colexiata e seguiu a potenciar a corte, que acolleu figuras literarias como Ausiàs March (Gandía e Beniarjó disputan ser a cidade natal March), Joanot Martorell ou Joan Roís de Corella. Á súa morte, sen descendencia, produciuse un preito pola sucesión dos seus estados, que se resolveu con o paso de Gandía ao dominio de Hugo de Cardona.

No ano 1433 recibiuna o infante Joan, que a cedeu, en 1439, a seu fillo, o príncipe Carlos de Viana; á súa morte, en 1461, pasou á mans da Coroa de Aragón. En 1485 o ducado foi adquirido por Rodrigo de Borja (futuro papa Alexandre VI) para o seu fillo Pedro Luís Borja, logo de satisfacer un débeda que o rei tiña desde 1470 coa cidade de Valencia, e na que Gandía actuaba como peñor. Á morte daquel sucedeulle seu irmán Juan Borja, que casou con María Enríquez (curmá de Fernando o Católico). Deste matrimonio naceu Juan de Borja, o cal ficou orfo moi novo por mor do asasinato de seu pai en Roma, o ano 1497, e que logo foi pai de Francisco de Borja. O novo duque emprende un labor urbanizador -segunda muralla cidadá- e cultural, que levou a cidade a unha etapa de apoxeo cultural e político, nun estilo renacentista italiano. En 1550, cando ingresou na Compañía de Xesús, abdicou no seu fillo, Carlos Borja, que contraeu matrimonio con Magdalena Centelles e Folch, irmá e herdeira do conde de Oliva, e mantivo Gandía como un dos núcleos máis influentes e poderosos do panorama, até o endebedamento da nobreza e as Germanies, as cales na batalla do Vernisa, ou de Gandía, derrotaron o exército realista, saquearon o pazo ducal e atacaron o arrabalde, ou mouraría.

Idade ModernaEditar

 
O río Serpis ao paso por Gandia

A expulsión mourisca, que fixo diminuír a poboación nun terzo, feito do que tardou uns 150 anos en se recuperar; a decadencia do cultivo da cana de azucre e a peste trouxeron un clima de crise que tivo que afrontar o cuarto duque, Francisco de Borja, o cal, acometeu a ampliación do recinto urbano coa construción da Vila Nova e máis un novo cinto de murallas que incluíu o colexio de Sant Sebastià (edificio que aínda se conserva), convertido en Universidade en 1548 e que deixou de funcionar en 1772, sen que xamais fose un centro importante. A perda dos foros a consecuencia da guerra de sucesión española, durante a cal Gandía apoiou o rei Borbón, ocorreu nun momento en que os duques abandonaran Gandia, que obtivo o título de cidade por privilexio de Filipe V.

En 1740 Luís Ignacio de Borja faleceu sen descendencia e o ducado pasou aos Benavent e despois aos Osuna, actuais posuidores do título. A reactivación económica durante este século veu da man do cambio dos cultivos: abandonouse a cana de azucre e apostouse pola moreira e a cría de vermes da seda, que orixinan unha importante industria. A finais do século hai un millar de teares de cinta de seda e vinte e catro doutros tecidos. O encurtido de coiros e a fabricación de azulexos e mesiñas tamén tiveron o seu papel na nomeada reactivación. No século XIX é a seda a que entra en crise e deixa paso ao viñedo, que trala epidemia de filoxera deixa, a súa vez, paso á laranxeira.

Idade ContemporáneaEditar

En 1881 comezou o derrubamento das murallas e sae á rúa o primeiro xornal da cidade, "El Litoral"; chegan tamén as primeiras máquinas de vapor para o tranvía, que unía Gandía con Carcaixent, para substituír as cabalerías e prolongar a liña até Dénia. Así mesmo desde 1890 o tren, coñecido popularmente como dos ingleses ou a xitxarra (chicharra) unía xa Alcoi con o Grau de Gandia (porto). O patricio local Sinisalbo Gutiérrez fixo as xestións oportunas coa compañía inglesa que instalou este ferrocarril para construír, en 1893, o porto de Gandía, que ten renome dende tempos da Idade Media no País Valenciano e que significou a revitalización para a cidade e a súa conversión definitiva no concello máis importante da zona. A súa construción provocou o impulso do cultivo da laranxeira, o que convertería o Grau de Gandia no primeiro porto laranxeiro valenciano, se ben a presenza doutros tipos de transporte diminuíu máis adiante a súa importancia.

No 1908 produciuse a primeira crise da laranxa por problemas de axuste do mercado. Na década dos vinte do século XX iniciouse unha recuperación que favoreceu unha rápida expansión. Os anos anteriores á guerra de 1936-1939 había maioría anarquista no Grau, mentres que na cidade a corrente principal era de signo blasquismo: radical e anticlerical; desde os anos cincuenta efectuouse un rápido medre demográfico, que tivo por causa a forte corrente inmigratoria, atraída pola auxe do turismo e do sector servizos, procedente do resto da comarca e do interior do País Valenciano, máis tamén de Andalucía e de A Mancha. No 1965 o concello foi ampliado ao seren anexionados os municipios de Beniopa e Benipeixcar.

Patrimonio arquitectónicoEditar

 
Pazo ducal

En 1998 foi remodelado todo o centro histórico de Gandia coa conversión de varias rúas en zona peonal, o que comportou un ritmo de vida máis tranquilo e a posibilidade de gozar dunha maneira máis agradábel o rico patrimonio da cidade, do que cómpre destacar:

  • Escolas Pías: Antiga Universidade fundada por Francisco de Borja, remodelada en 1992 e en 1998. Actualmente alberga a UNED, a Escola Permanente de Adultos e máis o colexio dos escolapios. Na praza pola que se accede están colocadas cinco estatuas dos membros máis relevantes da familia Borja: san Francisco, Lucrecia, Calisto III, Alexandre VI e César Borgia, realizadas polo valenciano Manuel Boix.
  • A Colexiata: Popularmente dita La Seu (a catedral). Fundada en 1499 polo papa Borja, Alexandre VI, sobre unha antiga igrexa visigóda que acabaría, no seu momento, en mesquita. O actual edificio é de 1756 e foi ser declarado Monumento Històrico Artístico en 1931. Durante a guerra civil foi incendiada e perdeu gran parte do seu patrimonio, entre outros o retábalo de san Leocadio, de Damiá Forment. Foi restaurada na década de 1940.
  • Pazo Ducal: Residencia dos Duques Reais de Aragón antes de selo dos Borja. É a edificación máis visitada e coñecida de Gandía. Construída en estilo gótico catalán foi adquirida, case en ruínas, polos xesuítas en poxa pública, en 1887. En 1964 foi declarado Monumento Histórico Nacional e en 1995 sufriu unha rehabilitación que o deixou na situación actual. Do interior do pazo son dignos de mencionar: o patio de armas, o salón das Aguias, a galería Dourada, a capela e máis o dormitorio de san Francisco de Borja.
  • Casa do Concello: neoclásica, de 1778. Restaurado en 1998, só conserva a fachada orixinal.
  • Hospital de san Marco. Gótico. Actualmente acolle o Museo Arqueolóxico da cidade.
  • Castelo de Bairén: De orixe musulmán, remonta ao século XI. Logo de ser utilizado en diferentes usos civís e militares, no século XVII estaba en ruínas. Adquiriuno o concello, encargándose unha escola-taller de realizar os traballos de recuperación e rehabilitación para preparalo como o lar dun parque arqueolóxico.
  • Torrassa del Pi e Murallas. Restos da muralla medieval, que fora derrocada no século XIX.
  • Alqueria del Duc: Edificio medieval fortificado que foi restaurado polo concello, que o adquiriu en ruínas, en 1981, e no que se instalou a Escola de Hostalaría Comarcal. Conserva unha acea, a adega e máis un reloxo de 1780. Está declarada de interese histórico-artístico.
  • Ermida de santa Ana: do século XVIII, foi completamente remodelada na década de 1980.
  • Sant Josep del Raval: igrexa de 1744-1801.
  • Santa María Magdalena de Beniopa: igrexa neoclásica (1804-1837).
  • Nosa Señora do Mondúver de Marxuquera.
  • Mosteiro de San Xerónimo de Cotalba, de estilo gótico-renacentista construído entre os séculos XIV e XVIII.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar