Antonio Machado

poeta español

Antonio Machado Ruiz, nado en Sevilla o 26 de xullo de 1875 e finado en Collioure, Francia, o 22 de febreiro de 1939, foi un poeta español da xeración do 98.

Antonio Machado
Nome completoAntonio Cipriano José María Machado Ruiz
Nacemento26 de xullo de 1875
 Sevilla
Falecemento22 de febreiro de 1939
 Collioure
SoterradoCollioure
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo español
Alma máterUniversidade Central
Ocupaciónpoeta, escritor, dramaturgo, mestre e Intelectual
PaiAntonio Machado Álvarez
NaiAna Ruiz Hernández
CónxuxeLeonor Izquierdo
IrmánsManuel Machado, Francisco Machado, Cipriana Machado e José Machado Ruiz
Xénerospoesía, teatro
Coñecido/a porSoledades. Galerías. Otros poemas, Campos de Castilla e Juan de Mairena
PremiosHijo Adoptivo de Zaragoza
Na rede
Musicbrainz: 31f6c464-ff35-4e50-a89a-7eea411f573d WikiTree: Machado_y_Ruiz-1 Find a Grave: 8096 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Antonio Machado Álvarez, naceu no seo dunha familia de tradición liberal, un ano despois que o seu irmán Manuel, tamén poeta. En 1883 trasladouse coa súa familia a Madrid, onde estudou na Institución Libre de Enseñanza, en 1889 pasou a estudar en institutos oficiais, a partir de 1885 coa morte do seu avó, catedrático de universidade, viuse obrigado a realizar diversos oficios. En 1899 viaxou co seu irmán Manuel a París e entrou en relación cos poetas simbolistas, Jean Moréas, Paul Fort e Paul Verlaine.

De volta a España traballou como autor teatral e obtivo o título de bacharelato. En 1901 publicou os seus primeiros poemas na revista Electra e ao ano seguinte fixo unha nova viaxe a París, onde coñeceu a Rubén Darío. En 1903 publicou o seu primeiro libro, Soledades e seguiu a colaborar con diversas publicacións: Helios, Blanco y Negro, Alma Española. En 1907 publicou a versión definitiva do seu primeiro libro: Soledades. Galerías. Otros poemas e aprobou as oposicións a profesor de francés con destino en Soria. O 30 de xullo de 1909 casou con Leonor Izquierdo.

En 1911 marchou cunha bolsa de estudos a París, pero ao lle ser diagnosticada tuberculose á súa dona volveu a España; ao ano seguinte apareceu Campos de Castilla e morreu a súa dona o 1 de agosto, tras o que Machado pediu o cambio de destino para Baeza. En 1915 comezou estudos de filosofía e letras na Universidade e apoiou os aliados na Primeira guerra mundial. En 1916 apareceu unha nova edición de Campos de Castilla con, entre outros, poemas dedicados a Leonor. Entre 1919 e 1931 foi profesor de francés en Segovia, alí participa na Liga de Dereitos Humanos local. En 1927 entrou na Real Academia Española e en 1931 trasladouse a vivir a Madrid. Activo defensor da República, logo do alzamento contra esta trasladouse a vivir a Valencia e en 1938 pasou a Barcelona. Coa desfeita da República Machado cruzou a fronteira francesa e morreu o 22 de febreiro de 1939 en Collioure.

Obra editar

 
Páxina de título da primeira edición das Poesías completas de Machado, con autógrafo e foto do autor.

Por data de publicación:[1][2]

Poesía editar

Prosa editar

Teatro editar

(con Manuel Machado)

(adaptacións de clásicos, en colaboración)

Notas

  1. "Ediciones de Antonio Machado". abelmartin.com. Consultado o 23/9/2017. 
  2. "Antonio Machado. Cronología parcial de obras en el CVC". Centro Virtual Cervantes. Consultado o 23/9/2017. 
  3. Recompilación póstuma a cargo de Guillermo de Torre
  4. Edición de A. B. Ibáñez Pérez.
  5. Estreada o 2/1/1924 en el Teatro Español de Madrid, con Ricardo Calvo como protagonista principal.
  6. Estreada o 1/1/1925 no Teatro Español de Madrid, pola compañía de María Guerrero e Fernando Díaz de Mendoza.
  7. Cano 1986, p. 152.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alonso, Monique (1985). Antonio Machado poeta en el exilio. Barcelona: Anthropos. 
  • Aub, Max (1966). Manual de historia de la literatura española. Madrid: Akal.  ISBN 978847339030-X.
  • Aubert, Paul (1994). Antonio Machado hoy, 1939-1989: coloquio internacional. Casa de Velázquez. ISBN 84-86839-48-3. 
  • Baltanás, Enrique (2006). Los Machado. Sevilla: Fundación José Manuel Lara.  ISBN 9788496556255.
  • Barjau, Eustaquio (1975). Antonio Machado: teoría y práctica del apócrifo. Barcelona: Ariel. ISBN 9788434483187. 
  • Cano, José Luis (1986). Antonio Machado. Barcelona: Salvat Editores.  ISBN 9788434581868.
  • Carpintero, Heliodoro (1989). Antonio Machado en su vivir, Soria.
  • Doménech Jordi (coord.) (2006). Hoy es siempre todavía. Curso internacional sobre Antonio Machado, Sevilla.
  • Gil Novales, Alberto (1992). Antonio Machado, Madrid.
  • Gullón, Ricardo e Phillips, A. (1973). Antonio Machado, Madrid.
  • Gutiérrez Girardot, Rafael (1969). Poesía y prosa en Antonio Machado, Madrid.
  • Luis, Leopoldo de (1975). Antonio Machado, ejemplo y lección, Madrid.
  • Rodríguez Fer, Claudio (1989). Antonio Machado e Galicia, Ediciós do Castro, Sada.
  • Sánchez Barbudo, Antonio (1967). Los poemas de Antonio Machado, Barcelona.
  • Tuñón de Lara, Manuel (1997). Antonio Machado, poeta del pueblo, Madrid.
  • Valverde, José María (1975). Antonio Machado, Madrid.
  • Zubiría, Ramón de (1955). La poesía de Antonio Machado, Madrid.

Ligazóns externas editar