Edicións Xerais de Galicia

empresa editorial galega
(Redirección desde «Xerais»)

Edicións Xerais de Galicia, S.A. é unha empresa editorial galega con sede na rúa Dr. Marañón de Vigo. Dende 1988 pertence ao grupo empresarial Anaya[1], integrado en 2004 no Grupo Lagardère[2].

Edicións Xerais

Editar o valor en Wikidata
TipoEditora
Fundación1979
MatrizGrupo Lagardère
LocalizaciónVigo
FundadorXulián Maure Rivas
Germán Sánchez Ruipérez,
Na rede
http://www.xerais.gal
Facebook: Xerais Twitter: Xerais Pinterest: xerais Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Sede de Xerais na rúa Doutor Marañón de Vigo.

Fundada en 1979 en Vigo por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez, forma parte do Grupo Anaya dende 1988, ano en que naceu este grupo editorial, que desde xaneiro de 2004 está integrado no Grupo Lagardère.

Publica fundamentalmente libros en galego, de tódolos xéneros literarios, así como libros de texto e de divulgación. Publicou dous dicionarios que se encontran entre os máis difundidos da lingua galega, marcando un fito na difusión editorial da lexicografía xeral: coa primeira edición en 1986 do Diccionario Xerais da Lingua (de capas laranxas),[3] con algunhas etimoloxías e pronuncias e co que estudaron xeracións enteiras de galegos, e o Gran Diccionario Xerais da Lingua do ano 2000, con 2.027 páxinas e de carácter inclusivo, aínda que tamén discrimina as prescricións normativas (na norma daquela, previa á reforma normativa de 2003).[4] Posteriormente, en 2009, publicarían o Gran Dicionario Xerais da Lingua en dous tomos e con 2.464 páxinas actualizado coas normas publicadas ata aquel momento.[5] Convoca anualmente o Premio Xerais de novela, así como o Premio Merlín de literatura infantil e dende 2006 o Premio Caixa Galicia de literatura xuvenil, que en 2014 pasaría a ser coñecido como Premio Jules Verne[6].

O seu director é Fran Alonso, que sucedeu no cargo a Manuel Bragado[7], este a Víctor Fernández Freixanes, que foi precedido por Luís Mariño.

O fondo editorial chegaba ós 3.300 títulos o 1 de xuño de 2012, dos que 1.600 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados realizáronse en lingua galega, mais tamén se publicaron algúns en castelán, portugués e inglés. Xerais edita, fundamentalmente, en soporte papel.

  1. Aviso Legal e Datos de empresa Arquivado 26 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. na páxina web de Xerais.
  2. Un gigante del negocio de las armas crea el tercer grupo editorial del mundo, diario ABC, 7 de febreiro de 2006. Consultado o 21 de abril de 2018 (en castelán).
  3. Ficha do Dicionario Xerais da Lingua na páxina da Editorial Xerais.
  4. Gran Diccionario Xerais da Lingua en Dialnet
  5. Ficha do Gran Dicionario Xerais da Lingua Arquivado 12 de abril de 2021 en Wayback Machine. na páxina web de Edicións Xerais.
  6. 2006, o nacemento, fomentar a creación literaria para público xuvenil, na páxina web de Edicións Xerais.
  7. Manuel Bragado causou baixa como director xeral de xerais a peticion propia Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., na páxina web de Xerais, abril de 2018.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar