Biblioteca das Letras Galegas
colección literaria de Edicións Xerais de Galicia
A Biblioteca das Letras Galegas é unha colección de obras de autores consagrados da literatura galega, publicada desde 1984 por Edicións Xerais de Galicia, na que varios dos preto de setenta títulos foron reeditados en numerosas ocasións.
- Non confundir coa "Biblioteca das Letras Galegas" da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
Descrición
editarAs maioría das cubertas son de deseño sinxelo e amosan unha imaxe da sinatura do autor, que nalgúns casos se estende pola contraportada.[1]
Títulos e autores da colección
editar- Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez.
- Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro.
- Ao pé de cada hora e Tempo de Compostela de Salvador García-Bodaño.
- Aqueles anos do Moncho de Xosé Neira Vilas.
- Os calaicos; Mágoas e Follas ao vento de Florencio Vaamonde.
- O camiño de abaixo de Xohán Casal.
- Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
- Cantos caucanos de Antón Avilés de Taramancos.
- Cara a Times Square de Camilo Gonsar.
- O catecismo do labrego e outras prosas de Valentín Lamas Carvajal.
- As cicatrices e A maior abondamento de Luís Seoane.
- Códice Calixtino de Luz Pozo Garza.
- Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Contiños da terra de Manuel García Barros.
- Contos de lobos e outros relatos de Ánxel Fole.
- Contos de tres mundos de Xosé Neira Vilas.
- Contos do Miño de Eliseo Alonso.
- Contos de Xosé Luís Méndez Ferrín.
- A cruz de salgueiro de Jesús Rodríguez López.
- Da terra asoballada de Ramón Cabanillas.
- De catro a catro e outros textos de Manuel Antonio.
- O divino sainete de Manuel Curros Enríquez.
- Os eidos de Uxío Novoneyra.
- Entre o si e o non de Xosé Luís Franco Grande.
- Fardel de eisilado e Na brétema Sant-Iago de Luís Seoane.
- O fin dun canto de Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Fírgoas de Manuel Luís Acuña.
- Follas novas de Rosalía de Castro.
- A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos.
- Indo pra máis perto e A señardade no puño de Xosé Cribeiro.
- Johan de Cangas.
- Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
- Maxina ou a filla espúrea de Marcial Valladares.
- Mesteres de Arcadio López-Casanova.
- A modelo de Paco Asorei de Xoán Xesús González.
- Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas.
- Nao senlleira; Seitura e Cabalgadas en Salnés de Fermín Bouza-Brey.
- A narrativa mariña de Gonzalo López Abente.
- Nasce un árbore e Memorias de Tains de Gonzalo Rodríguez Mourullo.
- Néveda de Francisca Herrera Garrido.
- No desterro de Ramón Cabanillas.
- Non agardei por ninguén de Ramón de Valenzuela.
- Obra completa de María Mariño.
- Obra dramática de Francisco Taxes.
- Obra dramática de Ramón Cabanillas.
- Obra poética galega de Luís Amado Carballo.
- Onde o mundo se chama Celanova de Celso Emilio Ferreiro.
- Orballo da media noite de Roberto Blanco Torres.
- Poesía enteira de Heriberto Bens de Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Poesía galega completa e textos en prosa de Emilio Álvarez Blázquez.
- Poesía galega de Lorenzo Varela.
- Poesía galega de Luís Pimentel.
- Poesía de Aquilino Iglesia Alvariño.
- Poesía de Marcial Valladares.
- Poesía de Antonio Noriega Varela.
- Poesía de Eduardo Pondal.
- Profecía do mar de Bernardino Graña.
- A rosa de cen follas de Ramón Cabanillas.
- Samos de Ramón Cabanillas.
- A saudade e outros poemas e O desacougo de Pura Vázquez.
- Se o sei… non volvo á casa e Taberna sin dono de Manuel D. Varela Buxán.
- Seraogna de Alfonso Pexegueiro.
- O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey.
- O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro.
- Terra Chá de Manuel María.
- Vento mareiro de Ramón Cabanillas.
- Viaxe ao país dos ananos de Celso Emilio Ferreiro.
- Vinte mil pesos crime de Bernardino Graña.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editarOutros artigos
editar- Biblioteca Básica da Cultura Galega (Editorial Galaxia)
- Biblioteca 114 (El Correo Gallego)
- Biblioteca de Autores Galegos (Diario 16 de Galicia)
- Biblioteca Galega 120 (La Voz de Galicia)
- Biblioteca Galega de Clásicos Universais (La Voz de Galicia)
- Grandes do noso tempo (Edicións Xerais de Galicia])
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca das Letras Galegas |