Cara a Times Square
Cara a Times Square é unha novela de Camilo Gonsar publicada en 1980 pola Editorial Galaxia. O autor nesta obra recorre ó artificio do "relato atopado" que el só se limita a editar (neste caso despois de traducilo do inglés). Na novela tece un discurso ambiguo, alucinado, con sentido de alegoría aberta que procura a reflexión do lector.
Cara a Times Square | |
---|---|
Autor/a | Camilo Gonsar |
Orixe | España |
Lingua | lingua galega |
Xénero(s) | novela |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1980 |
Páxinas | 136 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Argumento
editarO narrador-protagonista diríxese a unha segunda persoa, destinataria do escrito, presentando os sucesos dunha noite en que se atopa un estraño personaxe, a quen nomea como "o Belga". Ambos inician un deambular nocturno polas rúas de Nova York, no que recorren espazos fantasmagóricos, que xunto co solipsismo do Belga acaban desesperando ó narrador quen, mentres pasean polo peirao, tira ó mar ó seu acompañante.
O capítulo final semella explicar o relato como un soño do narrador, mais axiña advírtese do erróneo desta percepción.
Edicións e tradución
editarFoi incluída na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
Foi traducida ao castelán polo propio autor co título de Hacia Times Square publicado en 1999 por Editorial Trea[1].
Notas
editar- ↑ "BITRAGA". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.