Biblioteca Galega 120

colección literaria de La Voz de Galicia

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, iniciada no ano 2002, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.[1]

A colección inclúe dous volumes de Crítica e autores.

Descrición

editar

O acto de presentación, por parte de Santiago Rey Fernández-Latorre, acompañado polo presidente do Consello da Cultura Galega Carlos Casares e o presidente da Real Academia Galega Xosé Ramón Barreiro, tivo lugar o 4 de xaneiro de 2002. Dirixida por Tucho Calvo, foi distribuída por La Voz de Galicia nos anos 2002-2003,[2] co gallo do 120 aniversario da fundación do xornal.

A media de difusión estivo entre os corenta mil e corenta e cinco mil exemplares por título, sendo os máis vendidos Follas novas de Rosalía de Castro e Sempre en Galiza de Castelao.[1]

Autores e títulos da colección:[3]

 
Lombos dalgúns exemplares da biblioteca.

*: Crítica e autores I
*: Crítica e autores II
1: César Morán: Antoloxía da lírica medieval
2: Martín Sarmiento: Coloquio en mil duascentas coplas galegas
3: Xoán Manuel Pintos: A gaita gallega
4: Rosalía de Castro: Follas novas
5: Manuel Curros Enríquez: Aires da miña terra
6: Marcial Valladares: Maxina ou a filla espuria
7: Eduardo Pondal: Queixumes dos pinos
8: Valentín Lamas Carvajal: O catecismo do labrego
9: Antonio López Ferreiro: A tecedeira de Bonaval
10: Francisco A. de Nóvoa: Pé das Burgas
11: Antón Vilar Ponte: A patria do labrego e Almas mortas
12: Manuel Leiras Pulpeiro: Cantares gallegos
13: Ramón Cabanillas: Da terra asoballada
14: Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno
15: Henrique Labarta Pose: O tío Miseria e outros contos
16: Luís Amado Carballo: Proel e O galo
17: Manuel Antonio: De catro a catro
18: Vicente Risco: O porco de pé
19: Xosé Lesta Meis: Abellas de ouro
20: Ramón Otero Pedrayo: Arredor de si
21: Manuel García Barros: Contiños da terra
22: Manuel Luís Acuña: Fírgoas
23: Fermín Bouza Brey: Nao senlleira e Seitura
24: Alfonso R. Castelao: Sempre en Galiza (I)
25: Alfonso R. Castelao: Sempre en Galiza (II)
26: Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros verdes
27: Ricardo Carballo Calero: A xente na Barreira
28: Manuel Cuña Novás: Fabulario novo
29: Luís Seoane/Paz-Andrade: Fardel de eixilado/Pranto matricial
30: Manuel María: Terra Chá
31: Eliseo Alonso: Contos do Miño
32: Álvaro Cunqueiro: As crónicas do sochantre
33: Ánxel Fole: Terra brava
34: Uxío Novoneyra: Os eidos
35: Gonzalo R. Mourullo: Memorias de Tains
36: Eduardo Blanco Amor: A esmorga
37: Luís Pimentel: Sombra do aire na herba
38: Xosé Díaz Castro: Nimbos
39: Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego
40: Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
41: Xaquín Lourenzo: Os oficios
42: Antón Tovar: Arredores
43: C. Fernández de la Vega: O segredo do humor
44: Bernardino Graña: Profecía do mar
45: Xosé Luís Franco Grande: Entre o si e o non
46: Salvador García-Bodaño: Ao pé de cada hora
47: Daniel Cortezón: Prisciliano
48: Xohana Torres: Adiós, María
49: Xosé Filgueira Valverde: Quintana viva
50: Xosé María Castroviejo: Memorias dunha terra
51: Euloxio R. Ruibal: Zardigot
52: Xosé María Álvarez Blázquez: Canle segredo
53: Arcadio López-Casanova: Mesteres
54: Alfonso Pexegueiro: Seraogna
55: Anxo Rei Ballesteros: Dos anxos e dos mortos
56: Xoán Ignacio Taibo: Homes de ningures
57: Francisco Taxes: O velorio
58: Carlos Casares: Os escuros soños de Clío
59: Xavier Alcalá: Fábula
60: Camilo Gonsar: Cara a Times Square
61: Manuel Lueiro Rey: O sol na crista do galo
62: X. Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra
63: Alfredo Conde: Xa vai o griffón no vento
64: Ramón Piñeiro: Filosofía da saudade
65: Carlos G. Reigosa: Crime en Compostela
66: Paco Martín: Das cousas de Ramón Lamote
67: Miguel González Garcés: Poesía galega
68: Luz Pozo Garza: Códice Calixtino
69: Suso de Toro: Polaroid
70: Marina Mayoral: Unha árbore, un adeus
71: Xosé Antonio Perozo: O enigma de Embívicus
72: Miguel Suárez Abel: Turbo
73: Darío Xohán Cabana: Galván en Saor
74: María Victoria Moreno: Anagnórise
75: Rodríguez (ed): 25 anos de poesía galega. 1975-2000 I
76: Rodríguez (ed): 25 anos de poesía galega. 1975-2000 II
77: Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36
78: Agustín Fernández Paz: Contos por palabras
79: Xosé Luís Méndez Ferrín: Arraianos
80: Roberto Vidal Bolaño: Saxo tenor
81: Antón Avilés de Taramancos: Última fuxida a Harar
82: Ramón Caride Ogando: Soños eléctricos
83: María Xosé Queizán: Amor de tango
84: Xesús Rábade Paredes: Branca de Loboso
85: Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte
86: Víctor F. Freixanes: A cidade dos césares
87: Fran Alonso: Males de cabeza
88: Xurxo Borrazás: Criminal
89: Fina Casalderrey: O misterio dos fillos de Lúa
90: Xabier P. DoCampo: Cando petan na porta pola noite
91: Francisco Fernández del Riego: Galicia
92: Arturo Lezcano Fernández: Os dados de Deus
93: Manuel Álvarez Torneiro: Habitante único
94: Raúl Dans: Lugar
95: Miguel-Anxo Murado: Ruído. Relatos de guerra
96: Xesús Pisón: Venenos
97: Bieito Iglesias: Miss Ourense
98: Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?
99: Xesús Manuel Valcárcel: O capitán Lobo Negro
100: Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos
101: Xosé Miranda Ruíz: Morning Star
102: Anxo Angueira: Pensa nao
103: Xosé Cid Cabido: Grupo abeliano
104: Ramón Loureiro: O corazón portugués
105: Manuel Lourenzo: Veladas indecentes
106: Antón Riveiro Coello: A quinta de Saler
107: Vítor Vaqueiro: Os xenerais de África
108: Rodríguez (ed): 25 anos de poesía galega. 1975-2000 III
109: Tucho Calvo: O xabaril branco
110: Xosé Carlos Caneiro: Ébora
111: Domingo García-Sabell: Paseata arredor da morte
112: Luís Rei Núñez: Expediente Artieda
113: Marilar Aleixandre: Unha presa de terra
114: Xesús Alonso Montero: As palabras do exilio [4]
115: Vicente Araguas: A canción do verán
116: Xavier Queipo: Papaventos
117: Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi
118: Domingo Blanco: Poesía popular galega
119: Xesús Ferro Ruibal: Refraneiro galego máis frecuente
120: Cuba, Miranda e Reigosa: Antoloxía do conto de tradición oral

Recoñecementos

editar

Obtivo o Premio da Crítica Galicia á mellor iniciativa cultural na XXVI edición (ano 2003).[5]

  1. 1,0 1,1 "Os galegos adquiriron 4,5 millóns de libros da Biblioteca Galega 120". La Voz de Galicia. 26/10/2002. 
  2. "Remata a Biblioteca 120, «a gran obra de espallamento da cultura de Galicia»". La Voz de Galicia. 13/2/2003. 
  3. Biblioteca Galega 120 en Internet Archive.
  4. En cuberta e lombo leva o título As palabras do exilio. En páxinas interiores leva título e subtítulo iguais aos da edición orixinal de 1994: As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane.
  5. "Páxina web da Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2016. Consultado o 06 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar