Camilo Gonsar
Camilo González Suárez-Llanos, chamado artisticamente Camilo Gonsar, nado en Sarria o 12 de agosto de 1931 e finado en Vigo o 9 de novembro de 2008, foi un escritor galego.
Camilo Gonsar | |
---|---|
Nacemento | 12 de agosto de 1931 |
Lugar de nacemento | Sarria |
Falecemento | 9 de novembro de 2008 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Madrid |
Ocupación | escritor e mestre |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Despois de estudar o bacharelato en Vigo, cursou as carreiras de Filosofía e Dereito en Madrid, experiencia que retratou na súa primeira novela, Como calquera outro día, publicada en 1962.Escribiu o seu primeiro relato, Lonxe de nós e dentro, un ano antes de publicar esta obra, viviu un tempo en Londres, onde realizou distintos traballos, algúns deles na hostalaría, e despois na Universidade de Syracusa (Estado de Nova York). Dende 1964 traballou como profesor de instituto (de filosofía) en Lugo, Barcelona, Cangas, Pola de Siero ou finalmente Vigo, onde residiu ata a súa xubilación e posteriormente.
O 14 de decembro de 2002 ingresou na Real Academia Galega, co discurso Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo, que foi respondido por Xosé Luís Franco Grande.[1][2].
Obra en galego editar
Gonsar foi incluído na corrente experimentalista e renovadora da Nova narrativa galega, en especial a partir da súa obra máis coñecida, Cara a Times Square (1980), onde o narrador conta o seu camiñar sen rumbo pola cidade de Nova York á noite.
Narrativa editar
- Lonxe de nós e dentro, 1961, Galaxia (relatos).
- Como calquer outro día, 1963, Galaxia (ed. revisada 2005 co título de Como calquera outro día) (novela).
- Cara a Times Square, 1980, Galaxia (novela).[3][4][5]
- Desfeita, 1983, Xerais (novela). Premio da Crítica Española. Publicado en castelán como Debacle por Trea (Xixón) no 2003, traducida por Xavier Rodríguez Baixeras.
- Cemento e outras escenas, 1994, Nigra (narrativa).
- Arredor do non, 1995, Edicións do Cumio (narrativa).
- A noite da aurora, 2003, Galaxia (novela).
- Relatos completos 1961-1995, 2008, Galaxia (reúne a obra curta anterior, con limiar de Manuel Forcadela).
Ensaio editar
- Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo, 2002, Real Academia Galega.
Obras colectivas editar
- Sancho Panza na ínsua Barataria, de Miguel de Cervantes, 1977, Editorial Castrelos. Tradución con Lois Lustres e Xerardo R.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Sede central: relatos (3), 1997, Clube Cultural Adiante.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- A semente da nación soñada. Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín, 2008, Sotelo Blanco/Xerais.
Obra en castelán editar
Narrativa editar
- Luz del Príncipe-Sol (cuatro relatos de segundo grado), 1996, Nigra.
Notas editar
- ↑ "Sobre a literatura galega: un achegamento subxetivo".
- ↑ "Ingreso de Camilo Gonsar na Real Academia Galega no arquivo da CRTVG". Arquivado dende o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) o 11 de xullo de 2013. Consultado o 24 de maio de 2022. - ↑ Foi incluída na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
- ↑ Texto íntegro de "Cara a Times Square"
- ↑ Traducida ao castelán polo propio autor en 1999."Hacia Times Square". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-01.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.