Francisco Taxes
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Francisco Manuel Taxes Prego, nado na Coruña o 26 de xullo de 1940 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 2003, foi un dramaturgo galego do nomeado Grupo de Ribadavia ou Grupo Abrente.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1940 A Coruña, España |
Morte | 19 de febreiro de 2003 (62 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria
editarA comezos dos anos setenta fundou -e participou nas súas anovadoras iniciativas- os colectivos coruñeses de arte experimental A Carón e Galga xunto con outros escritores e artistas como Xavier Seoane, Manuel Rivas, Alberto Carpo, Xaime Cabanas ou Correa Corredoira.
En 1975, nas III Xornadas do Cine en Ourense, o Tribunal de Orden Público requisou a curta dirixida por Miguel Gato e baseada nun conto homónimo de Taxes, A tola, converténdoa dese xeito nun "mito iniciático" do cinema galego.
En 1976 fixo o guión da curtametraxe O cadaleito, dirixida por Enrique Baixeras con Fernando Trueba como axudante de dirección. Baseado no relato de Ánxel Fole "A caixa do morto", acadou un grande éxito de crítica e público; a cinta viaxou a Italia (festival de Pessaro) e atinxiu o Premio Mikeldi de Prata no XVIII Certame Internacional de Cine Documental y Cortometrajes de Bilbao (1977).
En 1978, coa exitosa montaxe de O velorio (escrita en 1971), o grupo de teatro profesional Troula, do que Taxes foi cofundador, abriu un novo camiño para o teatro galego, o da profesionalización.
Colaborou en revistas como Man Común, Teima ou Luzes de Galiza e nos xornais A Nosa Terra, La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
Traballou na radio (cómpre sinalar a dirección e presentación do programa cultural O Láparo Cavileiro para Radio Catro/RNE) e televisión (por exemplo o magazine da Televisión de Galicia Bazar Fin de Semana).
No eido da narrativa cultivou maiormente o relato curto. En 1973 gañou o primeiro premio no concurso de literatura infantil O Facho co conto "O Choniño".[Cómpre referencia]
Obra
editar- O velorio (1971; publicada en 2002 por La Voz de Galicia-Edicións Xerais de Galicia). Representada por Troula con dirección de Antonio Simón en 1978, e polo Centro Dramático Galego con dirección de Antonio Simón en 2003.
- Lenta raigame (1979; publicada en 1982 por Ediciós do Castro). Representada por Andrómena con dirección Eduardo Alonso en 1979.
- Casta i Albito (1980; editada en 2004 por Biblos). Representada no marco dun acto de lembranza artellado por Biblos Clube de Lectores no primeiro cabodano do seu pasamento, con dirección de Ánxela G. Abalo en 2004.
- Caderno de bitácora. Comedia estupenda (1985). Representada polo CDG con dirección de Antonio Simón en 1985.
- Elas (1997)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Daquel abrente (textos da representación do CDG das obras O velorio de Taxes e Laudamuco, señor de ningures de Vidal Bolaño), 2003, IGAEM-Xunta, Santiago.
- Obra dramática, 2008, Edicións Xerais de Galicia, Vigo. (ao coidado de Xurxo Taxes Díaz).
- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 263.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Francisco Taxes (1942 - 2003)" na Biblioteca Virtual Galega.
- Ficha no AVG. O soportal do audiovisual galego
- Iglesias, Óscar "'Maldito' Paco Taxes" El País, 26/9/2008.
- Losada, Óscar "O peor axudante de dirección do mundo" El País, 12/11/2010.
- Nicolás, Ramón (31/10/2013). "Manuscritos: Francisco Taxes" Caderno da crítica
- Vidal Bolaño, Roberto (1/9/2013) [26/7/1999]. "Algunhas das máis poderosas historias" La Voz de Galicia.
- Décimo cabodano de Francisco Taxes Arquivado 16 de xullo de 2013 en Wayback Machine. 21/2/2013. Real Academia Galega.
- Francisco Taxes y O velorio (psycho) venturitas.blogspot.com.es 26/2/2013 (en castelán).
- Taxes/Lenta raigame venturitas.blogspot.com.es 20/3/2012 (en castelán).