Xabier Correa Corredoira
Xabier Correa Corredoira nado na Coruña o 4 de setembro de 1952, é un pintor, gravador e escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1952 (72 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, pintor, escultor, gravador |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarDe novo interesouse pola literatura. En 1975 abandonou os estudos de arquitectura e decidiu dedicarse á pintura. Os seus primeiros pasos en debuxo son de estilo figurativo sobre temas eróticos e dionisíacos, animado polo maxisterio de Mariano García Patiño. Ese mesmo ano recibiu unha bolsa do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, participando nun curso de cerámica (barros refractarios) impartido por Arcadio Blasco.
Xunto con Mon Vasco e Xaime Cabanas foi un dos fundadores do colectivo de comunicación obxectual Galga, movemento de vangarda anterior a Atlántica 80, co que tamén participa en todas as súas mostras, dándose a coñecer no panorama ibérico. Nesta época fai pintura especialista influído polo expresionismo abstracto, o soporte-superficie e a arte pobre.
En 1979, cunha bolsa concedida polo Ministerio de Cultura, viaxou a México para iniciarse na augaforte. Alí quedou impresionado pola mitoloxía das culturas precolombianas que incorporou á súa fonte temática dentro dunha estética expresionista, con atención ás texturas, mais sen abandonar as preocupacións compositivas do período anterior.
En 1985, fundou Gruporzán, no que edita obra gráfica. Desde o ano 90 a súa pintura evolucionou da figura humana cara á paisaxe. A Rosa dos ventos, praciña de mosaico situada ao pé da Torre de Hércules, é a súa obra pública máis significativa.
En 1998 iniciou unha serie de mariñas afastándose do naturalismo ao que acostumaba e retornando cara a un problema espacial no que o teito é a cor.
En 2007 publicou Pintor por Italia, conxunto de apuntamentos datados correspondentes a dúas viaxes polo país de Michelangelo. A palabra e a imaxe fúndense para transmitir as impresións do pintor.
Actualmente desenvolve o seu labor entre Vilar de Locrendes (Oza-Cesuras, A Coruña) e Naveros (Cádiz).
Museos, coleccións e lugares públicos que teñen obra súa
editar- Museo Carlos Maside, Sada, A Coruña
- Museo de Castrelos, Vigo
- Centro Galego de Arte Contemporánea, Compostela
- Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
- MACUF, A Coruña
- Parlamento de Galicia, Compostela
- Hospital Materno-infantil, A Coruña
- Parque Celta no arredor da Torre de Hércules, A Coruña
- Fundación María José Jove, A Coruña
- Museo Bello Piñeiro, Ferrol
- Museo de Belas Artes da Coruña
- Caixanova, Vigo
- Pinacoteca Deputación da Coruña
- Paseo Marítimo, Cambre
- Taller Gráfica Popular, México D.F.
Obra escrita
editarEnsaio
editar- Pintor por Italia, 2007, Baía Edicións.
Poesía
editar- Os días adiados, 2009, Espiral Maior.
- Resina de poliéster, 2013, Baía Edicións.
- Cantar de corpos (2018). Baía Edicións. ISBN 978-84-9995-288-8.
Traducións
editar- Rubaiyat, de Omar Khayyam; 2010, Baía Edicións.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xabier Correa Corredoira |
Bibliografía
editar- Correa Corredoira: Compostela, Consellería de Cultura, 1989.
- Atlántica. Baiona, Compostela, Madrid, 1980-83.
- VV. AA.: Diccionario de pintores y escultores españoles del siglo XX. Madrid, Forum Artis, 1994, Vol. III.
- Anxo A. Rei Ballesteros: A memoria sentimental, catálogo da exposición da Estación Marítima de 1999 coa obra reproducida na páx. 21; Conversacións co artista, en abril de 1999, desde o seu taller de Locrendes.