Novo Teatro Galego

O Novo Teatro Galego é un concepto da autoría Manuel F. Vieites, o cal consiste en delimitar a etapa posfranquista en que a escena dramática galega comeza a sufrir un proceso de renovación.

Historia e características

editar

Segundo Vieites,[Cómpre referencia] a partir da segunda metade da década de 1960 desenvólvense simultaneamente (ou case asemade) os fenómenos galegos do Novo Teatro e da Nova Dramaturxia Galega. Para este autor, pódese dicir que o Novo Teatro Galego comeza ou se pode falar del a partir de 1965, mentres que o seu final dataría de 1999. Será no primeiro destes anos cando Manuel Lourenzo e un ilusionado grupo de intelectuais poñan a andar o Grupo de Teatro O Facho da homónima asociación cultural coruñesa. Só un ano máis tarde, en 1966, presentarase en Vigo o Teatro Popular Galego, baixo a dirección de Maximino Queizán. Desde este momento, comezan a aparecer algúns outros grupos dramáticos, como a Aula Teatral do Liceo de Betanzos (1968), As Burgas (Ourense, 1969), A. T. Valle-Inclán (Lugo, 1970), Histrión 70 (Ourense),... Paralelamente, Ricardo Carvalho Calero poñía en marcha a práctica do teatro escolar no Colexio Fingoi e grupos teatrais que iniciaran a súa actividade teatral en lingua española optaban por utilizar como vehículo de transmisión o idioma do país. En Galiza estábase a vivir por aquel entón un clima máis que favorábel para a normalización do teatro galego, o cal que se prolongará nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia.

Etapas

editar

Distingue Vieites tres momentos diferenciados para a periodización do Novo Teatro Galego:

Toma Manuel F. Vieites o xurdimento do Grupo de Teatro O Facho como acontecemento determinante para o comezo do teatro independente. Por outra parte, temos o inicio do segundo momento da etapa do Novo Teatro, o do teatro profesional, en 1978, ano (segundo algúns estudosos) da profesionalización do Teatro Galego. Este autor, apunta a constitución de Artello como compañía teatral e máis a asistencia de grupos profesionais á sexta edición das Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia como causantes profesionalización da dramática galega.

Pola súa parte, a posta encol do taboado de obras como O Velorio (1978), de Francisco Taxes ou de Celtas sen Filtro (1983), de Xosé Luís Méndez Ferrín e Artello, marcan para Vieites as transicións producidas na historia dramática recente: a de Taxes suporía a confirmación dun teatro galego profesionalizado, a ferriniana a consolidación deste teatro profesional e a necesidade de iniciar un teatro institucionalizado en Galicia. Isto explicaríase porque a primeira destas pezas foi representada no ano do nacemento da dramática profesionalizada e, ademais, o teatro institucional non tardaría moito en xurdir despois da posta en escena de Celtas sen Filtro, xa que o 23 de agosto de 1984 o Centro Dramático Galego inauguraba a súa primeira temporada.

Precisamente a partir de 1984 vivirá este Novo Teatro Galego a súa última etapa ata 1995, a do teatro institucional, na cal debemos supor que aínda nos atopariamos no momento actual. Este teatro institucional consolidouse en 1989, ano da aparición do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar